No concello de A Serra de Outes atopase a igrexa de San Ourente de Entíns e a Capela do Rial onde cada 29 de setembro celébrase esta importante romaría. A de San Campio. A ela acoden moitas devotas e devotos ofrecidos de toda Galiza.
A historia arrinca a finais do século XVIII cando segundo unhas versión, o párroco Javier Zelada conseguiu traer os restos do santo mártir desde Roma e instalalos na parroquia. Segundo se explica no vídeo que adxunto, non seria el, senón a súa viúva, Aquelaida. Debido á súa condición de militar, antigamente os xoves ofrecíanse a el cando tiñan que incorporarse ao servizo militar ou ír á guerra.
É principalmente un santo das enfermidades nerviosas ou mentais, dos tolos, dos que teñen o mal cativo ou o demo metido no corpo, recorrendo a el en tempos non tan remotos para librarse dos feitizos e das posesións diabólicas.
Tamén se invoca para toda clase de enfermidades. Segundo fose pola que se intercedeu así son as ofrendas que lle ofrecen. De aí que centos de figuras de cera representando mans, pés, cabezas ou peitos, sexan depositados no seu altar e que se venden nos diversos postos que se instalan no entorno da igrexa.
Así, cada ano, miles de romeiros e romeiras danse cita para veneralo e seguindo a tradición cumpren diversos rituais. Primeiro dirixísense á Capela do Rial para purificarse antes de presentarse ante a súa imaxe. No seu interior ten lugar a venda de diversos recordos e reliquias do santo.
Fora, ao seu carón teñen lugar dous ritos. O primeiro consiste en ir á fonte e bater nove veces coa testa nunha figura que hai na parede e logo, beber nove grolos da súa auga, lavando a cara e rozando cun pano sobre as súas doenzas. Deixase alí pendurado para que seque, xa que ese seria o intre no que curase o ofrecido.
O seguinte acto consiste en dirixirse ao cruceiro, volvendo a golpearse outras nove veces coa testa na súa base, dando de seguido nove voltas arredor del, mentres se van rezando outros tantos Noso Pai.
Despois sóbese até a igrexa, e alí hai que dar outras nove voltas arredor dos dous cruceiros do adro citando a seguinte oración: Bota o demo, bota mal cativo que San Campio Bendito te axude. Bota o demo, bota o mal cativo.
Por último escoitaran unha misa e cando remate, pasaran por detrás do altar para veneralo santo, e á saída, volvese a repetilo número máxico, con outras nove voltas arredor da igrexa. Polo visto o xeito é de esquerda á dereita, pero había moitos que o facían do outro xeito. Suponse que conta a intención.
Foi a primeira vez que acudín a esta romaría, pero quedei abraiado coa cantidade de xente que había, e iso que fun pola tarde, non quero imaxinar na misa solemne que é onde se concentran máis devotos. No interior da igrexa non collía un alfinete, mais pensando que había bancos, a miña sorpresa veu cando ollei que non había.
Non é de estrañar polo tanto que ese día se xuntase máis de 6000 almas, e iso que o venres xa houbo misas, e o domingo tamén estaban previstas máis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.