Tomada o día de San Ramón. Salvo os ramallos, o resto de refugallos seguen aí |
Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra, así que como xa levo tropezando demasiado, nesta ocasión e por estar inmersos nunha campaña electoral non vou tirar foguetes ante a enésima promesa da construción do Punto Limpo no noso Concello. A última vez dixen que levabamos máis de dous anos perdidos, pero é que agora xa son 3 e medio... e as palas aínda non entraron a traballar. Isto lévame a pensar coma os amigos de certo: «A Xunta non dá datas de comezo das obras nin finalización, así que pode inserirse este anuncio como parte da campaña electoral do PP»
É certo que precisamos este Punto Limpo como auga de maio, pero tamén é verdade que debemos tomar máis conciencia medioambiental e que non podemos seguir tirando os nosos refugallos en plena natureza, sobre todo os restos de obras que coido que non van ir a dito punto. Aínda que me paraba a denunciar case exclusivamente o vertedeiro da miña aldea, foto de arriba, de vez en cando tomaba instantaneas doutras zonas.
Levo tantas entradas con este tema que pouco mais podo aportar, polo que só me resta rogar que non nos volvan a enganar. Este é outro dos casos nos que podo dicir que os tres partidos con representación no Parlamento de Galicia, xogaron con nós.
Via: certo
É certo que precisamos este Punto Limpo como auga de maio, pero tamén é verdade que debemos tomar máis conciencia medioambiental e que non podemos seguir tirando os nosos refugallos en plena natureza, sobre todo os restos de obras que coido que non van ir a dito punto. Aínda que me paraba a denunciar case exclusivamente o vertedeiro da miña aldea, foto de arriba, de vez en cando tomaba instantaneas doutras zonas.
Levo tantas entradas con este tema que pouco mais podo aportar, polo que só me resta rogar que non nos volvan a enganar. Este é outro dos casos nos que podo dicir que os tres partidos con representación no Parlamento de Galicia, xogaron con nós.
Tomada o domingo preto da ponte do Rio Sieira. Leva meses aí |
Porto do Son: a Agra de Bustelo acubillará o punto limpo que aprobou hoxe o Consello da Xunta
Case 300.000 euros para as instalacións, casetas, almacén, colectores e sinalización
A Xunta non dá datas de comezo das obras nin finalización, así que pode inserirse este anuncio como parte da campaña electoral do PP
Porto do Son, 10 de novembro de 2011. O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración técnica financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello Porto do Son para a construción dun punto limpo neste municipio coruñés. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, realizará un investimento de máis de 296.000 euros para o financiamento do 100% desta infraestrutura ambiental.
As obras obxecto da proposta corresponden a aquelas dirixidas á adecuada xestión dos residuos en Galicia, nos concellos que teñen un orzamento insuficiente para financiar estes proxectos. Esta actuación atópase a medio camiño entre Portosín e Porto do Son, na zona chamada Agra de Bustelo, na antiga estrada de Cans, na parroquia de Nebra. O punto limpo é un recinto preparado para que que os cidadáns poidan depositar neles os residuos para os que é precisa unha xestión específica, polo seu tamaño ou pola súa composición. Os obxectivos principais desta instalación son recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, evitar a vertedura incontrolada de entullos e voluminosos e separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente. As accións fundamentais centraranse na disposición das instalacións xerais, casetas e almacén, colectores e sinalización. Tamén se executará un peche da canteira, un peche perimetral e unha porta de acceso. O proxecto tamén considera a urbanización e o axardinamento do contorno.
O Goberno galego, mediante a execución desta infraestrutura, responde a demanda dos habitantes de Porto do Son, xa que na actualidade existe un servizo de recollida que non cubre as necesidades dos veciños, cunha periodicidade dun día ao mes. Coa posta en funcionamento deste servizo preténdese concienciar á poboación para tratar de erradicar as verteduras incontroladas e evitar a imaxe dos utensilios na metade da rúa durante varios días, nas zonas urbanas ata que se proceda á súa recollida.
Via: certo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.