sábado, 31 de xullo de 2010

Educación? ningunha

Non é a primeira vez que me ocupo neste blogue das actitudes incívicas dos que adoitan pasar unhas horas de lecer na praia da Aguieira e despois, deixan nas inmediacións a súa merda. Podería dulcificala verba, pero é o que hai.

Ás flores chamámoslle así polo súa fermosura, e isto non ten outro nome, por moito que o queira «dulcificar».

Tamén podería chamarlles porcos a secas, pero xa o dixen, sería un insulto para eses animaliños de catro patas que tanta fame sacaron.

Para os que non coñezan este acceso e saída da praia, faise por unha pista a carón da AC-550, e xusto onde comeza, hai varios contedores para recollida de residuos. Ou sexa, que non só non teñen que dar un percorrido extra, se non que os pilla de camiño, e ademais, o Concello, por mor da Bandeira Azul, instalou contedores na mesma praia, pero cando un é guarro e incívico dálle igual todo.

Como se pode ver na segunda foto, un xa non tivo reparos e tirala a carón do paseo e outro, mesmo debeu de presumir ante os seus de tirala e conquerir colgada na rama. Resumindo, os que adoitan facer este tipo de actos, son os que na súa casa fan o mesmo, porque limpan outros.

Creo que non hai más fermoso e bonito que abandonala zona onde pasamos unhas horas de pracer e relax, deixándoa limpa e mesmo que non se note o noso paso, non só para os que veñan detrás, se non para cando recunquemos de novo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.