San Pedro Fiz |
O primeiro domingo de agosto a parroquia de Ribasieira volve a vestirse de gala para celebrala Romaría de San Fins, santo avogoso dos rapaces e rapazas que aínda no comezaron a falar ou fano con dificultade. Por iso moitas nais e pais da bisbarra acoden con eles, para que San Finx interceda por eles.
Este foi o motivo polo que de rapaz me levaron dúas veces. A primeira tiña que ter moi poucos anos, pero lembro perfectamente que foramos andando «é un falar, porque a maioría do tempo levaríanme ao lombo», por unha anécdota que lembro perfectamente coma se fose hoxe. Había unha señora de Resúa, aínda vive, que tamén estaba alí e fora en bus, cos meu pouco anos razoaba como nós tiñamos que volver andando, i ela no bus. O que non sabía era que só volvían os que foran nel á romaría. Un dato que non lembro moi ben é se sairamos dende A Graña ou dende Resúa.
O que si lembro con bastante precisión é ver moita xente, algúns buses e varios postos, principalmente de rosquillas que vendían penduradas en ramas de mimosas, e bares onde poder beber e picar algo. Como non habías as presas de hoxe en día, a xente comía nas carballeiras que aínda quedan pola zona, pero demasiado invadidas por eucaliptos e mato.
A última vez que fora xa andaría polos 10 anos e nesta ocasión, si que lembro que sairamos dende Nebra. Fora coa finada de miña nai e máis meu irmán, monte arriba dende Nebra ata os Chans de Raña e despois monte abaixo. Xunto con nós tamén fora unha veciña de Mantoño e dous dos seus fillos, un deles faleceu moi novo fai uns anos.
Como se di por aquí, costa abaixo tódolos santos axudan e o malo foi que á volta, non quedou más remedio que gatear de novo monte arriba. Non podo precisar ben os quilómetros, pero ida é volta ben poden ser como mínimo uns 12.
Corenta anos despois volvín a devolverlle a visita. Notase que non me foi moi mal a súa intercesión e a bo seguro que algúns se laian por elo, sobre todo exdirectivos e directivos da comunidade. Ao contrario de aquelas lembranzas, hoxe só había un posto de rosquillas e un bar, moi pouca presenza de romeiros e romeiras e unha vintena de nenos e nenas ofrecidos ao santo. O día da Madalena a xente aínda se animou a sacala en procesión, hoxe nin iso.
Fun o último en abandonala zona, porque me ensimesmei no medio da natureza descubrindo piscinas naturais de augas cristalinas e ver por primeira vez, onde cae a Fervenza da Madalena. No vídeo que adxunto poderán entender moito mellor o que sentín nese remanso de paz, só alterado pola caida da auga en outras pequenas fervenzas e o trino dos paxaros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.