Non teño palabras para isto. Acabo de chegar da homenaxe ao padre López Calo, non fago máis que abrila bitácora dos amigos de certo para atoparme con que uns desvergoñados lle "cortaron" a cabeza a Asterix. Dende logo parece que algunha xente ten moi pouco humor e menos vergoña.
Curiosamente onte comentaba cos compañeiros de traballo, haber se duraban máis que as estatuas de cal. Non foi posible
Curiosamente onte comentaba cos compañeiros de traballo, haber se duraban máis que as estatuas de cal. Non foi posible
Tamén onte ao mediodía tomei estas fotos porque me pareceu novidoso o tema no Nadal, coa intención de publicar unha entrada co título de: Ribeira, Nadal de cómic. Lamentablemente agora tiven que engadirlle o de desvergoñados, porque me saíu da alma.
Por culpa da batería, non puiden sacarlla ao resto de personaxes e agora xa me será imposible. Agardemos que ao igual que pasou coas estatuas de cal, non as retiren antes de tempo, polo ben dos nenos e nenas que tan entusiasmados estaban cos persoaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.