Ata para algo esencial como é dar un servizo rápido i eficaz co que se poden salvar moitas vidas, é necesario e imprescindible cumprir uns trámites burocráticos, por iso a necesidade de talar uns pinos frea a posta en marcha do heliporto do hospital.
Algo tan vital para os doentes e accidentados desta bisbarra non pode entrar en servizo porque aínda que pareza incrible, os "eficientes" xestores do bipartito na Xunta de Galicia, puxeron o carro diante dos bois e non expropiaron nin os terreos nin os arbores que supoñen un serio perigo para o aterraxe e despexe dos helicópteros, por lo que o Concello de Ribeira tivo que negociar cos propietarios, case dez.
O curioso é que agora dende a oposición, o BNG pregunta no Parlamento cales son os motivos de que aínda non se puxera en marcha. Preguntas repetidas incluso no último pleno do Concello de Ribeira. De verdade que non saben a verdade?
É curioso, non moi lonxe do Hospital, eses mesmos xestores nunha obra menor tentaron facelo mesmo que lle fixo Medio Rural e a comunidade de montes a meu pai, cortarlle uns eucaliptos e cruzarlle un agro cunha pista.
Quen pasa pola rotonda de Xaras e non coñece os feitos, estráñalle que leve tanto tempo sen rematar e mesmo ver eses tractores inmobilizados. Pois ben, a culpa da súa paralización foi que nin se dignaron a abrilo proceso de expropiación ou falar co propietario. Os tractores foron os que impediron que continuase a desfeita.
Ao contrario que a meu pai, que foi advertido despois de consumada a cacicada, o dono deste terreo foi quen de pararlle os pes a toda unha administración.
Así funcionaron uns personaxes que prometeron respectar ao pobo que lles dou a opción de gobernar en Galicia, oportunidade que non souberon aproveitar, quizais pola súa prepotencia.
Perdoen a retórica, pero de contar cun xestores da catadura moral dos directivos da nosa comunidade que arrasaron co agro de meu pais e os eucaliptos que tiña, ese heliporto podería estar en funcionamento xa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.