sábado, 26 de setembro de 2009

Sardiñada do Loreto 2009


Con algo de atraso debido a que os trasnos me afectaron á bitácora (ou fixen algo mal :n:), subo estas fotos da sardiñada de Loreto 2009. Inda que a bitácora non estivese moi "presentable", vexo que non parou de recibir visitas e xa superou con creces as 2.000 dende que instalei o contador. Grazas!


Retomando o tema da sardiñada, este ano as sardiñas chegaron a pouco, no meu caso só pillei unha, menos mal que as familias e amigos levamos provisións para un rexemento; iso si, o viño non faltou, a comisión non parou de servir xerras e máis xerras deste rico elemento da terra nai, e non tanto o de factoría, que hai de todo na viña do Señor.


Notouse a crise, bastante, non só nas sardiñas, pois é a primeira vez que lembro que a sardiñada non estivese amenizada por unha banda de música, inda que o dúo Marea fixo bailar, e moito, ao persoal. Os gaiteiros tamén escasearon.


Unha boa iniciativa foi a promovida polo Concello ao facer participe da festa aos nosos maiores do Centro de Día, que en todo momento estiveron atendidos e atendidas polo persoal do Centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.