sábado, 22 de agosto de 2009

Feira artesanal e mariñeira de Ribeira 2009

FOTO DENUNCIA
Hoxe comezou en Ribeira a Feira Artesanal e Mariñeira 2009 e como poderán ollar nesta pequena reportaxe, hai de todo, dende estes cables enganchados desta forma tan insegura e perigosa, abundantes postos de artesanía e mesmo varios artistas elaboran as súas obras cara ao público.
No tocante á foto denuncia, parece mentira que as autoridades civís, xudiciais e forzas de seguridade se esquezan tan pronto do que acontecido fai un par de anos.

Canteiro dando forma de pelícano a unha pedra Ebanista facendo un escudo
Grella
Bolos preñados
Gaiteiros na taberna
Nunha feira tampouco pode faltar a música da nosa terra

1 comentario:

  1. amigo Paco, tes razón e non penses que non foi porque o Concello esixiu que eso non pasase (cables polo chan, furgallas antre a xente, postos mal montados e perigosos..., so pasou o primeiro pero é igual de grave a pesar de estar limitada a potencia a 20 amperios con limitadores e tomas de terra, en fin...), dende o primeiro día se lle dixo que eso non podía ser así, eles montaban e desmontaban a conexión pola noite pero segue estando mal..., mirarémolo ben para a próxima tal e como intentamos facer sempre e en cada actividade, grazas pola túa denuncia ben feita!

    un saudo,

    Unai

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.