xoves, 3 de decembro de 2009

Agora si, castro bic


Malia que no último pleno presidido por Manuel Tomé Piñeiro, o PSOE e o BNG votaron en contra do Castro de Baroña, a Xunta de Galicia parece que por fin o vai declarar BIC (Ben de Interese Cultural).

Curiosamente a noticia recollina dun grupo Editorial que aglutina a tres xornais: Diario de Pontevedra, El Progreso (de onde enlazo a noticia) e o Galiciaé, xornal que xa anunciaba en agosto de 2007 que a Xunta do bipartito pretendía declaralo, pero ben, agardemos que agora si, o Castro de Baroña sexa BIC.

Así se tramita un Ben de Interese Cultural:
Segundo a Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio Histórico de Galicia, no seu titulo I, artigo 8: “Os bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia serán declarados bens de interese cultural mediante decreto da Xunta de Galicia por proposta da Consellería de Cultura, e inscribiranse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia”. Estes bens serán clasificados atendendo as seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica.

Para os efectos da presente lei teñen a consideración de lugar de interese etnográfico, aquela paraxe natural, conxunto de construcións ou instalacións vinculadas a formas de vida, cultura e actividades tradicionais do pobo galego.

A súa catalogación é un paso preliminar e necesario para a valoración e restauración medioambiental e arquitectónica do conxunto e para que este restauro se leve a cabo segundo unhas directrices que salvagarden a súa integridade histórica e cultural.

Se tivese esta catalogación fai anos, seguramente hoxe non teríamos esa aberración que o mira de fronte.

1 comentario:

  1. "A maiores, explicou que a Dirección Xeral de Patrimonio leva a cabo unha "prospección para o rexistro do patrimonio arqueolóxico", no que se inclúen os castros en proceso de declaración BIC, que son os máis emblemáticos"... Home, parece que... levamos dous anos e aínda con estas expresións, así que o asunto non é para agora.
    Logo non nos equivoquemos coas declaracións: de pouco vale que lle chames a algo o que queiras se non o protexes realmente, o que é case imposible. Ben ves no dolmen de Axeitos, o animaliño de dúas patas que escribiu Ola tontos.

    Non sei onde colocan os de El Progreso ou os de Europa Press o castro de Troia, pero o que van declarar BIC é o de Troña (As Pías, Ponteareas, Pontevedra). http://www.youtube.com/watch?v=Z40hsT6hOjs

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.