Álbum da Bendición e Procesión da Borriquita
Amosando publicacións coa etiqueta Semana Santa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana Santa b>. Amosar todas as publicacións
martes, 6 de xuño de 2017
xoves, 13 de abril de 2017
Domingo de Ramos 2017 ~ Porto do Son
Bendición na Praza de España da Vila dos ramos e palmas e Procesión da Borriquita cara á Igrexa Parroquial, baixo os acordes da Banda de Tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor.
venres, 18 de marzo de 2016
Semana Santa 2016 ~ O Son
mércores, 9 de marzo de 2016
Semana Santa Noia 2016
Hoxe foi presentado o programa da Semana Santa Noiesa. Confrarías, Noia Histórica, Concello e Parroquia uníronse no acto de presentación.
mércores, 30 de abril de 2014
Venres de Dores 2014
Coa procesión do Venres de Dores dan comezo os actos da Semana Santa en Porto do Son. Unha vez rematada a Santa Misa celebrada na Igrexa de San Vicente de Noal, baixo os acordes da Banda de Tambores da Confraría da Paixón do noso Señor, comeza a procesión, que remata na Praza de España. Este ano a imaxe da Dolorosa luciu un novo manto e un hábito, ambos doados por unha devota anónima.
luns, 14 de abril de 2014
Venres de Paixón 2014 «Porto do Son»
La Voz de Galicia: A Dolorosa marcou o paso
Capirotes e capas vermellas, hábitos negros, velas, cruces e son de tambores coparon as rúas durante a noite do venres, marcando o inicio dos actos relixiosos de Semana Santa. Numerosos fieis, en Muros, Boiro, A Pobra, Porto do Son e Noia sumáronse ás procesións, protagonizadas unicamente pola Virxe Dolorosa...
...Pola súa banda, os pequenos de Porto do Son, cos seus farois e os seus blusóns brancos convertéronse en guías de luz para os penitentes. Os actos litúrxicos arrincaron na localidade ás oito da tarde cunha misa que se celebrou na igrexa de San Vicente de Noal.

xoves, 10 de abril de 2014
Semana Santa 2014 «Porto do Son»
Cando aínda non se volatilizaron as cinzas de Don Carnal, aquí do Filipiño, xa temos ás portas a Semana Santa de tan longa tradición no noso Concello, cuxo prato forte, sen desmerecer outros, é o venres, co Santo encontro na Praza de España, ao que acoden moitas familias.
Todo isto non sería posible sen a boa sintonía de Don José, o párroco de Noal, Don José Ramón, os socios da «Cofradia de la Pasión de Nuestro Señor» que levan o peso, nunca mellor dito das imaxes e a súa organización, e sobre todo sen a presenza das devotas e devotos.
Non se perdan a primicia que lle deu Juan Pérez Pouso, Irmán Maior, a Tom Lorenzo no seu programa Enterías, a partires do minuto 62:50.
Así mesmo recoméndolles visitala exposición exposta na capela da Atalaia, que amosa fotos de principios de Século pasado, carteis, noticias, e as imaxes dos pasos que percorreran as rúas do Concello.
Bitácora da: Cofradia
Programa
En Nebra, Don José Ramón quere recuperar a vella tradición de facer sonar as trécolas ou carracas, o xoves... Toca animarse!!!
Xoves Santo, Xoves Santo,
día de gran devoción,
tocan ás trécolas na misa,
que morreu Noso Señor

mércores, 11 de abril de 2012
Procesión de Xesús Glorioso
Domingo de Resurrección: Procesión de Xesús Glorioso. É o día máis importante e máis alegre para todos nós, os católicos, xa que Xesús venceu a morte e deunos a vida.
Segundo ano que se realiza esta procesión engadida aos actos da Semana Santa pola Confraría da Paixón do Noso Señor, ao igual que xa fixeran no 2009 coa procesión de A Borriquita, o domingo de Ramos.
Esta imaxe ao igual que a anterior, tamén saíu do taller do escultor e restaurador Leopoldo Rodríguez Rocha, de Santiago de Compostela.
O percorrido desta procesión comeza na Capela da Atalaia, baixa polo Campo da Atalaia, polo camiño novo e fai unha parada na Praza de España, para seguir pola Rúa Trincerpe, Avda. de Galicia e remata na Igrexa onde se venera a imaxe de Xesús Glorioso.
Procesión moi vistosa e para non ter o arraigo centenario doutras, tamén contou con moita presencia de fieis. O momento máis emocionante e que arrancou os aplausos da xente, foi cando a imaxe cargada polos 18 costaleiros fixo a súa entrada na praza de España a paso lixeiro. Un acto sen dubida non exento de moito risco, xa que un mal paso podería dar ao traste con todo. Nótanse os adestramentos das semanas previas.
Nesta ocasión contouse coa Banda Música Municipal de Caldas de Reis para acompañar aos tambores da Confraría e aos gaiteiros de Rumbía. No dixen en ningunha entrada, pero o son dos tambores que acompaña as caratulas dos vídeos é precisamente da súa banda.
Non quixera rematar sen antes agradecer a colaboración prestada por todos e cada un dos integrantes da Confraría da Paixón do Noso Señor para poder elaborar todo este traballo, do que me sinto enormemente satisfeito e moito máis tralas mostras de agradecemento que estou recibindo. Ao igual que lle acontece a algunha desa xente, facendo isto sentinme transportado a aqueles Encontros de antano aos que me levaba miña nai (q.e.p.d), e dende o balcón no que gravei o vídeo dese acto, esa lembranza e o seu recordo permanente veume varias veces á mente.
Grazas Moncho, grazas Juan, grazas José Manuel, grazas Baldomero e demais socios e socias da Confraría... a lista é interminable, pola labor que desenrolades, non só ao longo desta semana, se non que, agora que o sei, todo o ano, pero iso é a parte que non vemos. Foi unha semana longa e intensa, pero coido que valeu a pena... unha magoa non poder completar tódolos actos.
![]() |
| Procesión de Xesús Glorioso |
martes, 10 de abril de 2012
Desencravo
Venres Santo: Conmemorase coa Cerimonia do Desprendemento da Cruz e a continuación o Santo Enterro.
Acto vistoso e sobre todo cargado de moita emoción. Sobresaínte a escenificación por parte de todos e cada un dos cofrades que participaron nela, pero sen lugar a dúbidas a de Manolito, eclipsou a todos. Hai que nacer con ese don, porque xa apuntaba maneiras cando coincidimos na escola de Don Pepe Sanmamed (q.e.p.d).
Lamentablemente nesta ocasión o tempo non acompañou e finalmente non puido celebrarse a procesión do Santo Enterro, nin ás once da noite a da Virxe da Soedade. Outra procesión moi entrañable e multitudinaria que se realiza practicamente en silencio e portando os fieis velas.
Gracias a Don José e a Jesús, o sancristán, por permitirme gravar dende tan privilexiada zona: o púlpito, nin máis nin menos.
Procesión do Santo Enterro 2010
Procesión da Soedade 2010
luns, 9 de abril de 2012
Procesión do Santo Encontro
Venres Santo: Procesión do Santo Encontro. Revívese a Paixón do Noso Señor, a súa flaxelación, coroación de espiñas, o seu camiño ao Calvario e a Crucifixión. Nesta procesión saen as imaxes do Ecce-Homo, da Virxe María, de San Xoán, e da Verónica.
O Encontro volveu a reunir, un ano máis, a unha auténtica multitude na Praza de España e na posterior procesión camiño da Atalaia, un dos actos centrais da Semana Santa de Porto do Son. Esta procesión é sen dúbidas a que congrega a máis familias acompañadas polos máis pequenos da casa, tal e como lembro que me levaba miña nai (q.e.p.d), cando era un rapaz.
Este ano, Don Ramón, o párroco de Santa María de Nebra, San Sadurniño de Goiáns (Portosín), San Martiño de Miñortos, San Pedro de Boa-Noia e San Xoán de Camboño-Lousame, tivo a honra e o privilexio de botar o sermón estando acompañado en todo momento por Don José Santos, o párroco de San Vicente de Noal.
Como é costume a escenificación realizouse na Praza de España e o posterior percorrido fíxose pola Rúa Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Rúa de A Roda e subida á Capela pola Rúa da Atalaia.
Quixera agradecer á familia Manoluco, as facilidades que me deron para poder gravar o Encontro dende o balcón da súa casa, xa que sen a súa colaboración isto non me seria posible de todo.

| Procesión do Santo Encontro |
sábado, 7 de abril de 2012
Procesión do Ecce-Homo
Xoves Santo: Procesión do Ecce-Homo. Neste día, recordase a última Cea de Xesús, onde ficou con nós no pan e no viño e deixounos o seu corpo e o seu sangue.
Dende fora un non percibe na súa totalidade o esmerado traballo e organización que poñen cada un dos integrantes da Confraría da Paixón do Noso Señor para que os actos da Semana Santa sonense cada ano vaian a máis. Coidan con sumo agarimo o máis insignificante detalle por pequeno que sexa, para que todo saia á perfección.
De lembrar aqueles anos nos que a duras penas se xuntaba xente para levalos pasos, hoxe vemos con satisfacción que non só se supliron aquelas carencias, se non que cada ano incorporase xente nova e aí están, como non, os rapaces e rapazas da banda de tambores, os portadores dos farois, dos estandartes, etc, porque de aí xa saíron algúns xoves que hoxe son costaleiros. Outro detalle moi importante é que comeza a incorporarse incluso xente do resto de parroquias.
Moi concorrida a misa, non collía un alfinete, e multitudinaria a procesión, que nesta ocasión contou a maiores da banda de tambores e dos gaiteiros, coa Banda de Música Municipal de Brión, que intercalaban as súas interpretacións.
Entres as autoridades civís atopábase o alcalde da corporación municipal, Luís Oujo e varios edís.
A procesión saíu da Igrexa parroquial percorrendo a Estrada xeral, Rúa Castelao, Praza Nova, Praza de España, Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Rúa da Roda e subida á Capela pola Rúa da Biblioteca. Novamente a Policía Local e Protección Civil encargáronse da seguridade e de dirixilo tráfico.
Xa pola noite, ás 23:00 h. celebrouse a Hora Santa, onde se vive a noite de oración na Horta dos Olivos.
![]() |
| Procesión do Ecce-Homo |
xoves, 5 de abril de 2012
Procesión do Vía Crucis
Martes Santo: Procesión do Vía Crucis.
Saída da Capela da Atalaia percorrendo a Rúa da Roda, Avenida de Galicia, Buenos Aires, Méndez Núñez, Fernando Fariña, Praza de España, Camiño Novo, Campo da Atalaia e Capela.
A palabra Vía Crucis, significa "camiño da cruz" e refírese ás diferentes etapas ou momentos vividos por Xesús desde o momento en que foi aprehendido ata a súa crucifixión e sepultura.
É normal facer un percorrido que pode ser dentro dun templo ou polas rúas, como adoitan facer aquí, en Porto do Son, deténdose en cada cruce e facendo unha oración, lectura das pasaxes do evanxeo e un canto.
Baixo o auspicio do Papa Xoán Paulo II, creouse un novo Vía Crucis, con 15 estacións, baseadas todas en momentos do Novo Testamento, xa que o anterior recollía moitas pasaxes dos Evanxeos apócrifos. Este novo Vía Crucis comeza coa oración de Xesús no horto de Getsemaní e finaliza coa Resurrección de Cristo.
![]() |
| Vía Crucis en Cuntis |
Por extensión, esta expresión úsase adoito para expresar todo tipo de dificultades que se presentan na vida cando se queren alcanzar certos obxectivos.
Primeira vez que acudo a esta procesión, unha noite fresca e desapracible que invitaba á xente a quedarse á quentura do fogar. Din que a fe move montañas. Dende logo ese é o espírito que se nota nos integrantes da Confraría da Paixón do Noso Señor, dende o máis pequerrecho hasta o máis maior.
De novo o son dos seus tambores foron marcando os pasos, e oito costaleiros portaban a figura de Cristo crucificado, que entre a imaxe, a ándea e a batería que levaba incorporada para alumealo, pesaba o seu. En cada estación unha persoa ía dando lectura a un pasaxe e o coro parroquial interpretaba o canto.
Ao padre e a Don Ramón, o párroco de Nebra, que supliron a ausencia de Don Xosé, o párroco titular de Noal, correspondíalles facela oración.
![]() |
| Procesión do Vía Crucis |
![]() |
| Vía Crucis de man |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)