Martes Santo: Procesión do Vía Crucis.
Saída da Capela da Atalaia percorrendo a Rúa da Roda, Avenida de Galicia, Buenos Aires, Méndez Núñez, Fernando Fariña, Praza de España, Camiño Novo, Campo da Atalaia e Capela.
A palabra Vía Crucis, significa "camiño da cruz" e refírese ás diferentes etapas ou momentos vividos por Xesús desde o momento en que foi aprehendido ata a súa crucifixión e sepultura.
É normal facer un percorrido que pode ser dentro dun templo ou polas rúas, como adoitan facer aquí, en Porto do Son, deténdose en cada cruce e facendo unha oración, lectura das pasaxes do evanxeo e un canto.
Baixo o auspicio do Papa Xoán Paulo II, creouse un novo Vía Crucis, con 15 estacións, baseadas todas en momentos do Novo Testamento, xa que o anterior recollía moitas pasaxes dos Evanxeos apócrifos. Este novo Vía Crucis comeza coa oración de Xesús no horto de Getsemaní e finaliza coa Resurrección de Cristo.
Vía Crucis en Cuntis |
Por extensión, esta expresión úsase adoito para expresar todo tipo de dificultades que se presentan na vida cando se queren alcanzar certos obxectivos.
Primeira vez que acudo a esta procesión, unha noite fresca e desapracible que invitaba á xente a quedarse á quentura do fogar. Din que a fe move montañas. Dende logo ese é o espírito que se nota nos integrantes da Confraría da Paixón do Noso Señor, dende o máis pequerrecho hasta o máis maior.
De novo o son dos seus tambores foron marcando os pasos, e oito costaleiros portaban a figura de Cristo crucificado, que entre a imaxe, a ándea e a batería que levaba incorporada para alumealo, pesaba o seu. En cada estación unha persoa ía dando lectura a un pasaxe e o coro parroquial interpretaba o canto.
Ao padre e a Don Ramón, o párroco de Nebra, que supliron a ausencia de Don Xosé, o párroco titular de Noal, correspondíalles facela oración.
Procesión do Vía Crucis |
Vía Crucis de man |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.