Amosando publicacións coa etiqueta ETA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ETA. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xullo de 2009

Só o home é o único animal que mata por matar



Foi onte, cando unha vez máis dúas familias quedaron rotas e desoladas por culpa do terrorismo. ETA xa o intentara un día antes con outro terrible atentado en Burgos, onde ademais de gardas civís, había raparigos e raparigas durmindo.

Hoxe os políticos por aquilo do que dirán, están todos xuntos, maña cada un arrimará a ascua á súa sardiña.

Carlos Enrique Sáenz de Tejada, de 28 años, naceu en Burgos.

Diego Salva Lezaun, de 27 años, naceu en Pamplona.

Descansen en Paz. As miñas condolencias ás familias.

sábado, 20 de xuño de 2009

É triste que por uns idearios se trunque a vida dunha persoa

Unha vez máis a innomeable sáese coa súa asasinando a un axente da Policía da miña idade.

Outra vez os políticos póñense de acordo mentres están velando o cadaleito. Eles volveran á "normalidade" cando rematen os 3 días de loito oficial -se son quen de agardar-, pero a súa familia xamais os esquecera.

Só dúas preguntas:

Cando rematará esta vinganza de truncala vida dunha persoa chea de vitalidade, só por un supostos idearios?

Cando deixaran os políticos de ser tan fríos e ser máis humanos?

D.E.P Eduardo Puelles