domingo, 22 de outubro de 2017

Cando se anda con mentiras, erras na propia mentira

Imaxe compartida por BNG A Pobra.
Un ano máis, pasada a homenaxe a esta xente que foi un exemplo non só en Nebra, se non en Galicia, xerase un debate estéril e tendencioso no que xente do BNG chega a pór en dúbida a miña iniciativa, deixando ver que son mentireiro e que se hai 2 actos é culpa das miñas rencillas persoais. Dada a idolatría que amosan a este "señor", eu son o máximo culpable: deixei de pagala cota de afiliación, a achega para o local e as contribucións nas eleccións; e con todo isto, perdín a condición de nacionalista e con ela, a razón en calquera argumento contra del.

Para todos aqueles que seguen a dar por verdadeira a versión do suíño, deixo estas dúas imaxes:

Así argumenta un mestre. Sobran comentarios.

As súas propias verbas no 2002... madía leva!
Á vista do vídeo que subiron do contra-acto que fan, é tanto pedir que se deixen de terxiversar o acontecido, a orixe da homenaxe e respectar aos organizadores artífices? Este ano tivo a ousadía de mentir no seu discurso, poño o anaco de audio expreso para escoitalo de propia voz:


«...hai que recordar que, eu xa sei que a moita xente lle molesta isto, pero hai que recordar que esa lousa de aí..., está pagada cos cartos dos afiliados ao Bloque, é unha cousa que non se pode discutir...»
Non se pode discutir? A placa foi pagada polos afiliados ao Bloque? NON! Nunca neguei que parte fose sufragada polo BNG (e agradecino varias veces), pero o groso dos gastos pagouse con cartos dos veciños, forasteiros e de familiares, recadados por min, coa venda de camisetas conmemorativas que fixen e grazas a aqueles que colaboraron na venda das participacións da lotaría. Que no local do Son quedase a factura, á que se agarran agora como argumento indiscutible, non lles da razón para mentir e pretender apropiarse de algo que é de todo Nebra.

Outra mostra do canfurneiro que é: (seguro que o resto de afiliados non o sabe) a cantidade total a pagar viuse incrementada por levarlle, pola cara, dúas louzas á súa horta (á parte da pedra que agora está como monólito), que llas escolleu un amigo seu na canteira e se comprometera a facer algo coma a imaxe que achego, mais, como este non era canteiro, despois de case 1 ano de ter as pedras, ocorréuselle que meu pai (Q.E.P.D.) as labrase de balde, cousa que con sumo gusto faría pero non nunha semana como pretendía. Mandouse á présa facer a placa que agora temos e un día antes aínda estabamos a facer o furado para colocar o monólito e pórlle a placa, que deixamos cuberta cunha bandeira galega, sen escudos.

Outra cousa é presumir de levar anos organizando a homenaxe (errando de novo e poñendo 2001 como a data inicial) e nin sequera pagar as flores os anos que apareceu a súa colaboración nos carteis, o único no que axudaron foi a imprimilos. Só houbo unha ocasión na que Chito de Miñortos me falou persoalmente de axudar a pagalas, non partiu dos afiliados nin se tratou no local. Desta maneira, naquel momento dixen que non, e tanto el coma Gonzalo saben mellor de quen partiu a homenaxe.

Logo volvemos á escusa de facer o contra-acto por non aceptar a "condición" que poñemos de deixar a estreleira e anagramas do BNG nun segundo plano, digo eu que xa que din que veñen lembrarse dos mártires de Cans como fan en Sobredo, que fagan igual que alá. Se non o saben, no seu día pretenderon facer como aquí (así mo explicaron o segundo ano que me acheguei despois de ser convidado polos organizadores); paráronlles os pes e agora acoden como figurantes "secundarios" no espazo habilitado para o publico, non organizan un contra-acto coas súas cores.

Alí os únicos que permanecen a carón do monólito son os familiares que portan os estandartes daquela época, no caso da Sociedad de Obreros Parderrubias agochado nunha casa na época escura do franquismo, tal e como fixeron o resto de veciños cando lles dinamitaron o monólito levantado polo pai de Camilo Nogueira, reconstruído na democracia, o cal mentres transcorre o acto tamén se mestura coa xente, non presume del.

Porén, como se pode ver na foto do BNG A Pobra colgada aquí xa vemos o que prima para o acto. Ao mellor se saísen algo da casa podíanse instruír un pouco, que algo máis apréndese!

Aquí deixo unhas fotos do acto de Sobredo, ano 2010, onde vemos que agás o estandarte de Parderrubias, non hai ningunha bandeira.




No 2013, coa presenza de Suárez Vence e Camilo Nogueira, si se apreciou unha estreleira, mais ficou no medio do público, non ousaron achegala ao monólito.


O dito máis mergullarse un mesmo na historia que deixarse influenciar por mentiráns que Goobels, por sorte, só houbo un, aínda que no Son parece que ten algúns discípulos. E aquí un exemplo que como actúa o BNG de Narón nun acto similar ao de Nebra, pedindo a unidade e colaboración de todas as forzas, que tomen exemplo: http://praza.gal/movementos-sociais/13828/99-anos-da-revolta-das-pedradas-en-naron/

5 comentarios:

  1. Desde logo hai xente que bótalle un morro que o pisan. Ó señorito non lle chegou con apropiarse con un dos móbiles da comunidade que agora quere facelo mesmo co monólito, menos mal que non pode metelo no coche, se non un día igual aparecía o sitio vacío.
    Eu e a miña familia que non militamos no Bloque, tamén contribuímos coa nosa parte comprando unha camiseta e á miña parella comprou varias participacións da lotería que mencionas.
    Cando vin o vídeo non daba crédito ao que mala mente podía escoitar a pesar de usar un altavoz. Non poño en dúbida que el coñeza ao señora Deira desde hai 40 anos, pero moi sonense ou de Nebra non é, no meu caso sei que foi alcalde de Boiro, si seguramente a xente do Bloque o coñeza mellor e seguramente o trate. Pero o que me abraiou foi cando despois de alavalo espetou que esa pedra estaba aí grazas a eles. Se non fose porque cando tamén che alavaba, crería que te quedastes con eses cartos polo que pola miña parte agradesoche a aclaración e que saiban que xa perderon o voto na nosa casa e seguramente de toda familia, porque sei que compraron esas participacións.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Y a este paso mientras los vayan cogiendo en mentiras tan radicales seguirán a la cola del pelotón en las elecciones que es adonde relegan en sus listas al mentiroso compulsivo, menos mal que mis hijos no van as sus clases porque menudo ejemplo. Hasta para mentir hay que tener estilo y más para presumir del trabajo de su vecino y ex-compañero. A lo mejor piensan que están en Cataluña.

      Eliminar
  2. Vinme na obrigación de facer estas aclaracións primeiro porque días previos ao acto tiven un debate no meu perfil da Facebook con xente que prefire quedarse coa versión que lles contan non vaia ser que hoxe sexan compañeiros é mañá lles pasen as miñas.

    E tamén aínda que se coidaron moi ben de dicilo, que os cartos que recadei coa desculpa de erixilo monólito foron a parar ao meu peto (estafa). Sibilinamente é case o que veñen dicindo.

    Do que estou seguro que esa xente non vai recoñecer aquí, que os tiñan enganados. Pois aí teñen a principal proba.

    ResponderEliminar
  3. Ese cabaleiro penso que peca e moito de https://gl.wikipedia.org/wiki/Egocentrismo e non falo pola forma que se expresa no vídeo, se non como actuaba na comunidade, que sempre tiña a razón e malo era levarlle a contraria. Ti mellor que ninguén sabelo porque o sufristes e agora quérese vingar así. Como se di noutras facetas da vida ten que ter bo padriño no partido para deixalo actuar así.

    ResponderEliminar
  4. Creo haberte leído alguna vez que el acto a Ramón Sampedro fue iniciativa del Bloque, aunque ahora lo organiza DMD y sus amigos. Mi pregunta es: ¿Quien colocó la piedra que marca la zona desde la que se tiró a la cala donde sufrió el lamentable y fatal accidente?

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.