Un dos motivos que non sacase máis fotos en parte foi debido ao traballo acumulado gravando dentro da igrexa e os outros:
Primeiro, porque estiven charlando co Padre Calo que segue os meus traballos desde Salamanca, porque aínda que viva lonxe de Nebra, díxome que a leva no corazón e que grazas á novas tecnoloxías achégolle un pouco todo o que aquí acontece.
Segundo, por curiosidade achegueime a unha señora que xunto con outra que visten desde hai anos un rigoroso loito, levan acudindo a esta Romaría moitos anos e sempre portan unha candea grande. Este ano só a portaba a máis xove que se chama Balbanera e son de San Isidro de Posmarcos da Pobra do Caramiñal. Á señora Balbanera pregunteille (a compañeira xa non estaba ou non a vín), cantos anos levaban acudindo e a súa resposta deixoume abraiado.
A primeira vez que veu trouxérona no colo andado desde a Pobra atravesando a Serra do Barbanza até Nebra.
Quen non coñeza a zona que mire en google maps a distancia monte a través, para darse conta que a fe move montañas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.