Na foto unha manada de cabalos salvaxes que viven total liberdade na serra do Barbanza, guiados por rexios xinetes para levalos ao curro da Graña, onde os desparasitan e lles cortan a crin e o rabo.
Change.org: Salvemo-los cabalos salvaxes de Galiza
O cabalo salvaxe galego está a piques de correr unha terrible sorte: a súa extinción como especie silvestre.
Esta será a consecuencia do decreto para regular esta especie que está a preparar a Xunta, e que parte da conclusión de que estes cabalos son case animais domésticos, cando en realidade a pesar de ter propietarios viven salvaxes e en liberdade.
O decreto dificultará enormemente a tenencia dos devanditos cabalos, encarecéndoa con taxas e caros microchips identificativos (máis caros que os propios poldros), burocratizándola e obrigando a encerrar os animais en "pastos rexistrados".
Estes cabalos, os garranos (aquí no Barbanza, tamén había unha raza autóctona, chamada barbanzóns, pero por culpas dos mestizaxes para acadar unha raza máis grande, practicamente esta extinguido, se non o esta xa), teñen un enorme valor biolóxico, por ser os únicos cabalos salvaxes que quedan no mundo. A súa importancia na ecoloxía do monte é enorme. E tamén na tradición dos curros ou rapa das bestas, festa anual na que se lles encerra por un día para rapalos e sanealos, sendo devoltos despois ao monte.
Se non queres que un animal único e característico de Galicia desapareza, axúdame a denunciar esta norma e a evitar que chegue a aprobarse asinando a túa petición. Coa túa axuda poderemos salvar os cabalos salvaxes galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.