luns, 30 de xullo de 2012

Actos do Día da Patria de Compromiso x Galicia

Como xa dixen na anterior entrada, non estiven no acto político de Compromiso Por Galicia, pero si na súa parte máis lúdica, para a que contaron coa actuación estelar de Roi Casal e o seu agrupo, acompañados por Silvia Ferre.

Non obstante, a maiores dos meus vídeos, partillo dous que atopei pola rede para que teñan unha referencia do que dou de si a súa xornada, xunto con esta crónica.
Galicia Hoxe: Mensaxe optimista de Compromiso por Galicia

A plataforma Compromiso por Galicia protagonizou no Parque de Bonaval a primeira celebración con motivo do 25 de xullo. Antes do acto central da cita, os representantes da formación realizaron unha ofrenda floral ante as tumbas de Castelao e Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.

No marco destas celebracións, o coordinador de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, lanzou unha "mensaxe optimista de ánimo" nun día no que os "galegos bos e xenerosos -parafraseando o Himno de Galicia- celebran o feito de selo". O tamén líder de Máis Galiza afirmou que "pode ser que neste acto existan sentimentos atopados", pero apelou á "capacidade organizativa e política" que rexistrou esta formación na súa curta traxectoria.

Por outra banda, Bascuas afirmou, en declaracións aos medios, que "o día de hoxe é a primeira celebración deste tipo para moitos dos alí presentes" e sinalou que "o 40 por cento dos seus compoñentes nunca estiveran afiliados a ningún partido político".

Deste xeito, o político nacionalista resumiu as reivindicacións da plataforma Compromiso por Galicia no "recoñecemento de Galicia como nación", "o dereito de decisión dos galegos" e a consecución dunha "economía ao servizo da cidadanía" xa que son estes os que "crean a riqueza".

Ademais, e en referencia ao movemento liderado por Xosé Manuel Beiras, Bascuas lembrou que Compromiso ofreceu organizar un único evento para o Día dá Patria Galega, pero finalmente Anova desestimou esta opción. Con todo, lembrou que a súa man "sempre estivo tendida e sempre estará" porque, remarcou, "a política é diálogo".
Compromiso x Galicia











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.