mércores, 30 de maio de 2012

Canto nos queda por aprender dos animais!

Mentres uns descerebrados andan colocando pola serra lazos ilegais para atrapar lobos e lobicáns, un cadelo abandonado en Boiro doulle a moitos unha cura de humildade. Para que logo vaiamos presumindo de que os racionais somos nós.
La Voz de Galicia: El lado más humano de un can logró salvar a otra perra

Ás veces, as historias máis entrañables non proveñen do ser humano, senón que os seus protagonistas pertencen ao mundo animal. Neste contexto podería encadrarse a historia de dous cans abandonados á súa sorte nas rúas de Boiro. Un deles, concretamente unha femia, logrou salvar a vida despois de días de agonía grazas, precisamente, á humanidade do seu compañeiro de fatigas.

Hai algo máis dunha semana, a cadela foi atropelada en plena avenida da Constitución por un coche que se deu á fuga. Un veciño decatouse do ocorrido e rapidamente baixou desde a súa casa para atender ao animal ferido, con todo, cando chegou xa non quedaba rastro nin dela nin do can que a acompañaba. O curioso do asunto chegou catro días despois, cando este último saíu dunha zona arboredo á rúa para chamar a atención dun mozo que pasaba por alí.

Con ladridos e xemidos, o can logrou que o home lle fixese caso e o seguise ata o lugar no que estaba agochada a súa compañeira, practicamente moribunda debido ás feridas que sufriu cando foi atropelada. A casualidade quixo que o veciño que os atopou sexa amigo do que presenciara o atropelo da cadela, así que deseguido deuse conta de que ambos animais estaban agochados naquel lugar desde facía días sen comida nin bebida.

Unha pata rota

O animal accidentado estaba grave debido aos golpes e mazaduras sufridas, e ademais tiña unha pata rota a causa do atropelo. Afortunadamente para ela, a persoa que a atopou recolleuna e levouna a unha clínica veterinaria, onde tivo que ser operada e a estas alturas continúa recuperándose.

Pola súa banda, quen a atopou e unha amiga fanse cargo tamén do outro can, aínda que este, que cren que pode ser fillo da cadela, non quere separarse dela a pesar de que aínda está ingresada na clínica: «É incrible o intelixente que é ese can, el só foi quen de buscar axuda e agora non quere deixar á cadela soa. Impactounos moito a súa actitude».

Agora, quen rescataron aos animais, que non levaban microchip e a súa delgadeza evidenciaba que foran abandonados, teñen por diante a difícil tarefa de atoparlles un fogar no que os coiden como se debe.

Polo momento, tiveron que descartar recorrer á protectora A Moura porque a súa rede de casas de acollida está saturada, así que utilizaron as redes sociais en busca de axuda e dunha vivenda para ámbolos cans: «A nós cáesenos a alma se temos que separalos», comentaba a moza que os está coidando.

Se non queda máis remedio, e aparecen persoas dispostas a acoller a un deles, cada can terá que ir polo seu lado, aínda que a intención é evitar custe o que custe que iso suceda e conseguir que ambos os animais poidan seguir xuntos como ata agora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.