Antiga canteira onde vai ser construído o punto limpo
Sen tempo non é, agora só toca esperar que antes do verán sonenses e forasteiros non teñamos que volver a apartala vista e tapala na nariz, cando pasemos polo entorno das "illas" onde están instalados os iglús de residuos sólidos urbanos. Tamén é de agardar que unha vez construído, uns e outros cumpramos coas normas que agora non estamos cumprindo, porque se non, seria tiralos cartos. Isto tamén vai polos que actuando con nocturnidade e aleivosía tiran todo tipo de refugallos en montes comúns, privados ou camiños.
Vía: http://certo.posterous.com
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, realizará un investimento de máis de 296.000 euros para o financiamento do 100% do punto limpo de Nebra. A resolución publicada hoxe contempla un prazo de execución de tres meses.
As obras obxecto da proposta corresponden a aquelas dirixidas á adecuada xestión dos residuos en Galicia, nos concellos que teñen un orzamento insuficiente para financiar estes proxectos. Esta actuación atópase a medio camiño entre Portosín e Porto do Son, na zona chamada Agra de Bustelo, na antiga estrada de Cans, na parroquia de Nebra.
O punto limpo é un recinto preparado para que que os cidadáns poidan depositar neles os residuos para os que é precisa unha xestión específica, polo seu tamaño ou pola súa composición. Os obxectivos principais desta instalación son recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, evitar a vertedura incontrolada de entullos e voluminosos e separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente. As accións fundamentais centraranse na disposición das instalacións xerais, casetas e almacén, colectores e sinalización. Tamén se executará un peche da canteira, un peche perimetral e unha porta de acceso. O proxecto tamén considera a urbanización e o axardinamento do contorno.
O Goberno galego, mediante a execución desta infraestrutura, responde, asegura a Xunta, "á demanda dos habitantes de Porto do Son, xa que na actualidade existe un servizo de recollida que non cubre as necesidades dos veciños, cunha periodicidade dun día ao mes".
Coa posta en funcionamento deste servizo preténdese concienciar á poboación para tratar de erradicar as verteduras incontroladas e evitar a imaxe dos utensilios na metade da rúa durante varios días, nas zonas urbanas ata que se proceda á súa recollida.
A Consellería de Medio Ambiente lembra que, unha vez recibidas as obras, o concello debe asumir a súa explotación, mantemento e conservación.
As ofertas para a execución destas obras presentaranse no prazo máximo de 26 días naturais contados desde mañá.
Vía: http://certo.posterous.com
Os de sempre xa se adiantaron
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.