En contra da opinión de moita xente, o topónimo de Puerto del Son non foi imposto polo Franquismo ao remate da Guerra Civil, se non que ven de moito máis atrás, tal e como se pode ollar neste documento, asinado o 21 de setembro de 1860.
Toponimia de Porto do SonSegundo o refraneiro, onde hai papeis, calan barbas.
Segundo o Padre Manuel Rodríguez Pazos, o termo Porto de Oçon aparece en documentos dende o século XV. Máis adiante, cando no ano 1588 se traduce ao castelán a obra Theatrum Orbis Terrarum de Abrahan Ortelius, nela aparece o primeiro mapa de Galicia tan coñecido en versión de Frai Hernando Ojea. Neste mapa Porto do Son aparece como Doçon.
Doçon aparece tamén no mapa de Galicia incluído no Atlas de Mercátor (Edición de 1632), e de igual modo aparece no mapa de Giacomo Cantelli dá Vignola (Roma 1696).
En actas notariais da época aparecen nomes propios de persoas seguidas do termo Porto d’Oçon. Tamén, durante todo o século XVII e XVIII as partidas de bautismo comezan co locativo Puerto d’Oçon. Foi só a finais do século XVIII e comezos do XIX cando se realizou a incorrecta segmentación do termo en Do-Son, ao interpretarse a primeira sílaba como a contracción do galego de+ou, aparecendo o topónimo Porto do Son.
No primeiro censo oficial realizado, aparece o topónimo oficial Son, a secas, que cambiou nos anos 1940 a Puerto del Son e finalmente, coa Lei de normalización lingüística de 1983 adoptouse como forma oficial Porto do Son.
Duns anos para aquí algunha xente, non sei con que intensión, afirma que ten escoitado Puerto del Sonido, algo que é totalmente falso, descoñecendo que buscan con esa MENTIRA.
Refrán moi certeiro, basta de dar tantas voltas e enliar o plangre
ResponderEliminarMaria, grazas polo teu aporte, saúdos.
Eliminar