domingo, 1 de maio de 2011

Nai só hai unha

O primeiro domingo de maio Galicia celebrase en Galicia o día da nai, e moitos dos que por desgracia xa non a temos entre nós, lembrámola levándolle unha flores. Hai dous ramos, porque como saben os que me coñecen, un é para levarllo a quen durante moitos nos axudou con maior ou menor acerto, a suplila a súa ausencia.

Este ano coincide co Primeiro de Maio, día do traballado. No caso da miña, só ela soubo mellor que ninguén os traballos, sufrimentos e calamidades que pasou para sacarnos a meu irmán e a min avante. Supoño que xa o teño comentado, pero aínda así non me cansarei e hoxe é un bo día para facelo.

Aos poucos días de terme a min tívose que incorporar ao traballo na forestal e por esa causa, quedaralle un problema crónico nunha man, concretamente nun dedo. Cando lle viña a dor, xeralmente no inverno, mantiña bastante incapacitada e nunca lle acertaron co remedio. Aqueles tempos por sorte mudaron e hoxe, as nais traballadoras, outra cousa son as que non traballan, teñen dereito a vacacións retribuídas e incluso, os pais.

Para falar de como era antes aquel traballo ninguén o sabe mellor que aquelas mulleres e homes que, sen medios de locomoción e sen seguro de ningunha clase, se dedicaron a abrir pistas e plantar arbores no Barbanza só coa axuda das súas mans. Dúas ou tres horas de camiño, cumprila "tarea" encomendada, ter sorte que non che tocase un mal capataz. Pola tarde-noite de volta á casa para cumprilo seu rol de amas de casa, se non había outra muller, como foi no caso da miña.

Despois fallou a forestal, pero non tivo inconveniente en sumarse á empresa de O Portugués de O Son, e desempeñar nos anos 60 traballos de homes. Fai uns días, dúas irmáns da familia Conde de O Son, aínda me lembraron o gran traballadora que fora e como había poucos homes que-lle fixeran "sombra". Dende aquí quérolles darlles as máis expresivas gracias por lembrarse aínda delas despois de más de 30 anos da súa "marcha" e sobre todo, por lembrarme o traballadora e escrava que fora. Gracias que fago extensivas a outras familias que a coñeceron e que aínda ma lembran.

Na captura da imaxe, zonas de desprazamento das veciñas e veciños de Nebra, cando traballaban na forestal: Raña, Calvelle, Enxerto de Arriba, Giende, Moimenta, etc.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.