A verdade é que hoxe fáiseme moi difícil comezar a escribir esta entrada, porque onte, sen agardalo, fóisenos o señor Juan de Encarnación de Resúa. Coñecíao de toda vida porque nacemos na mesma aldea e porque a pesar da diferenza de idade, levábame 36 anos, isto xamais foi un obstáculo para conservar unha grande amizade.
Esta materializouse se cadra moito máis pola miña xestión ao fronte das festas e posteriormente, pola nosa preocupación conxunta a prol do monte. Así foi como nunca nos cortabamos cando tiñamos que defendelo ante o presidente de quenda.
No meu interese por coñecer un pouco máis este apaixonante mundo, fixo que varias veces acudise á súa casa para que me puxera ao día en moitas cuestións que descoñecía e que nunca están de máis coñecer. Así foi como cando fun elixido secretario, o primeiro que fixo foi ofrecérseme a facer un percorrido polo monte para amosarme in situ lindes antigos, chamadeiros e curiosidades, que ao longo da súa vida atesoirou, como cando sendo moi rapaz preto da Arca do Barbanza, a onde segundo el chegaban os antigos lindes de Nebra, plantara pinos. Esta invitación fora extensiva ao resto de ex-compañeiros da directiva, pero a pesar de que aceptaran a súa proposta, o certo é que o día elixido tivemos que facelo percorrido solos.
Nesa visita guiada maxistralmente por el, entre outras moitas cousas tamén souben por exemplo para que servían unhas chantas en fila que hai na serra, que sempre pensei que eran de delimitación e que resultou que eran para evitalo paso do gando, digamos o que hoxe coñecemos como peches gandeiros, pero que daquela eran máis naturais a base de pedras. Que non era eu o único trabucado, segundo el, comprobouse cando os veciños de Boiro reclamaban para si en base a elas os últimos lindes con Nebra. Non lles serviu de escusa, aínda que segundo el, xa antes se apropiaran de moito do noso monte, porque cando foi de facelo último deslindamento na Ditadura, os xestores daquela do noso Concello non mandaran a ninguén.
A última vez que estiven con el foi cousa dun mes e pico, atopábase sentado no xardín da casa da súa filla i eu ía dando un paseo cara a praia de Aguieira, o noso non foi só un simple saúdo como fago con moita xente, achegueime i estivemos charlando un rato. Hoxe, novamente como me sucedera con Don José, fíxoseme inevitable que os ollos se humedeceran ao ver pasalo seu cadaleito, mentres o coro lle dedicaba a despedida en galego.
Como ben sabe a túa familia e os veciños, os teus últimos anos sen lugar a dúbidas non foron os mellores, por iso dende aquí só me resta dicirche: Descansa en Paz amigo Juan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.