sábado, 24 de abril de 2010

Gracias Don José

O sábado día 17, foi soterrado na súa parroquia natal, San Pedro de Buxantes (Dumbría), Don José Jesús Lago Cambeiro, cura párroco que exerceu na nosa parroquia nos anos 70 e principio dos 80.

Nunha entrada que publiquei polos carnavais comentei varias anécdotas que nos deixou tralo seu paso pola parroquia. No tinteiro quedarame a gran amizade que acadara con meu pai en dura competencia por ver quen collía máis berberechos, se a súa lancha A Raposa ou o Novo Andarín, no que ía meu pai.

Hoxe quero dedicarlle esta é agradecerlle alí onde estea, a axuda que nos brindou a meu irmán, a min, e a toda familia, tralo mortal atropelo sufrido pola nosa nai, falecendo o día 17 xaneiro de 1978, con tan só 44 anos.

Todo isto colleu a meu pai navegando na zona do Pacifico de Canada e brindóusenos para poder contactar con el e mesmo ir a buscalo ao aeroporto de Santiago en canto chegase.

Un as veces preguntase se o noso destino esta escrito ou se escribe sobre a marcha. O fatal desenlace de miña nai aconteceu tras unha semana en coma, xusto o tempo no que logramos contactar con meu pai para que puidese vela antes de soterrala, aínda que para iso tivésemos que velala dúas noites.

Xa teño 50 anos e non volvín a saber del dende que se marchou, pero cando o coro lle cantou en galego unha fermosa despedida, humedecéronseme os ollos, por iso lle digo, GRAZAS Don José.

D.E.P os dous.

2 comentarios:

  1. Antonio Calo García25 de abril de 2010, 18:39

    Hola Paco:

    Aproveito a túa bitácora para enviarlle as miñas condolencias a sua familia, e unirme a ti e darlle as gracias donde queira que esté.

    Gracias, Don José.

    ResponderEliminar
  2. Paco a xente sempre escribe para protestar, eu tamen pero , tames escribo para agradecer, quero decir simplemente que eres unha boa persoa e che desexo o mellor que seas feliz, e non te coñezo,pero nas pequenas cousda vense os homes.-manueldominguez.es

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.