As veces cando paseo polo monte párome a pensar seriamente que é o que pensan algúns sobre a natureza, os espazos públicos e privados. Fai un días atopeime a carón das pistas da parcelaria con estes restos na zona coñecida como O Eiteiro de Puilla, moi preto desa aldea, pero tamén de Resúa. Con isto non quero dicir que o responsable viva nesas aldeas, pero viva nelas ou en outras, levoulle moito máis tempo e traballo tiralos aí que deixalos ao lado dos contedores, onde como todos sabemos, o terceiro e penúltimo martes de cada mes unha empresa encargase de recoller todo tipo de voluminosos, aínda que hoxe en Quintáns non o fixese e o domingo xa estaba a rebozar como poden ver casualmente nesta foto, pero onte estaba moito peor.
O que amoso nas seguintes fotos pola miña parte é moito menos censurable, non sei o que pensaran vostedes, pero neste caso o autor foi un pouco más "ecolóxico" dedicándose a "reciclalos" restos dunha pequena obra, tapando os buratos que hai polas pistas nesa mesma zona. Neste caso aínda lle levou un rato, porque son moitos más buratos que os que-lles amoso. Ao mellor as autoridades teñen outra forma de pensar, pero co que levo visto, prefiro que lle dean ese uso e non o tiren ao monte comunal ou ás propiedades privadas.
Esta forma de reciclar lévame a miña nenez e cando a antiga Comarcal 550 non pasaba de ser unha mera pista de zahorra e murrillos. que tiña tantos o máis cráteres que a lúa. Pois ben, onde vivo a zona das leiras é coñecida como O Pedragal, e supoño que poden adiviñar o porque dese nome. Efectivamente, as leiras sobre todo a que temos más pegada á estrada estaba chea de croios e cada vez que a cavabamos para sementalas patacas non faciamos máis que sacar pedras nun cesto para botalas aos buratos da estrada.
A leira agradecíanos a labor e os poucos condutores que daquela pasaban pola estrada, a bo seguro que se entrañaban que nesa zona en concreto, cada vez había menos buratos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.