Na entrada sobre a casota do paramo, rememoraba un pouco as batidas que contra o lobo presenciara de rapaz aló polos anos 70 na Graña. Hoxe en día no Barbanza os seus ataques pódense considerar residuais, aínda que se albisca un leve repuntamento, que nalgúns casos incluso poden ser causados por cans asilvestrados. Naqueles anos facían dano e moito en toda cabana gandeira e non estaban os tempos como para sufrir perdas irrecuperables, como foi o noso caso.
Tiñamos tres eguas ceibes polo monte, a Ruana, a Pega e a Casiñas, nomes que me acaba de confirmar meu pai e que tanto se estrañou que aínda as lembrase, porque tería 5 ou 6 anos. Lémbrome moi ben e incluso cando un veciño de Balteiro viñera a casa na que viviamos en Quintáns, para que llas vendésemos.
A verdade foi que nos deron máis que desgustos que alegrías, sobre todo ao entrar (daquela non había barreiras de aramio no monte) nas propiedades privadas e ter que facernos cargo dos danos. Pero sen lugar a dúbidas a miña lembranza máis triste fora ve-la poldríña que tivera unha delas, morta. Matarana os lobos e lamentablemente ese foi o desentóante que posteriormente nos obrigou a vendelas. Acontecera na zona coñecida como o Agro da Xestas, preto da Ponte das Gavias, a que esta a carón de Queiro.
Navegando por Internet atopei este interesante artigo de Daniel Blanco Cores, que vai moito máis atrás na supervivencia do home e na súa loita contra o lobo: Gandería e caza de lobos en Barbanza nos séculos da Idade Moderna.
Tiñamos tres eguas ceibes polo monte, a Ruana, a Pega e a Casiñas, nomes que me acaba de confirmar meu pai e que tanto se estrañou que aínda as lembrase, porque tería 5 ou 6 anos. Lémbrome moi ben e incluso cando un veciño de Balteiro viñera a casa na que viviamos en Quintáns, para que llas vendésemos.
A verdade foi que nos deron máis que desgustos que alegrías, sobre todo ao entrar (daquela non había barreiras de aramio no monte) nas propiedades privadas e ter que facernos cargo dos danos. Pero sen lugar a dúbidas a miña lembranza máis triste fora ve-la poldríña que tivera unha delas, morta. Matarana os lobos e lamentablemente ese foi o desentóante que posteriormente nos obrigou a vendelas. Acontecera na zona coñecida como o Agro da Xestas, preto da Ponte das Gavias, a que esta a carón de Queiro.
Navegando por Internet atopei este interesante artigo de Daniel Blanco Cores, que vai moito máis atrás na supervivencia do home e na súa loita contra o lobo: Gandería e caza de lobos en Barbanza nos séculos da Idade Moderna.
A resaltala la importancia ou relevancia que atesourarían Juan de Castelo e Pedro Díaz de Queiro, veciños de Nebra, para poder representar á maioría das parroquias do Barbanza. Por outra parte tamén é curioso que hoxe en día na aldea de Queiro haxa unha familia coñecida como Do Lobero, poderían se-los descendentes de Pedro Díaz?.
Durante a Idade Moderna a gandería era un sector económico de primeira orde nas poboacións que carecían de fachada ao mar, ou naquelas que, como Corrubedo, vían a actividade pesqueira limitada por unha natureza hostil, especialmente bravía.
Nuns e outros casos a gandería perfilábase como o complemento natural ás actividades agrarias, e a súa importancia queda subliñada por algunhas noticias e datos estatísticos. En 1596, os veciños de Artes declaraban ser propietarios de 36 cabezas de gando vacún e 100 de ovino, mentres os de Carreira declaraban 70 e 250, respectivamente. A mediados do Século das Luces, en 1753, en Artes declarábanse 229 de vacún, 456 de ovino, 72 de porcino e 24 de cabalar, e en 1761 os habitantes de Corrubedo eran propietarios de 136 cabezas de vacún, 497 de ovino, 40 de porcino e 30 cabalos e eguas.
Algúns documentos illados apuntan tamén na mesma dirección, como o inventario de bens do prócer noiés Jorge Vázquez de Acosta y Vermúdez, redactado polo notario Juan Mariño e datado o 6 de novembro de 1601, que daba fe da posesión dun total de 210 cabezas de gando vacún, 199 de ovino e 44 de cabalar ¡nada menos!; algúns nas súas propias posesións, outros en réxime de parcería con labregos da comarca «á metade da ganancia» como se dicía daquela, e outros en libre pastoreo pola serra.
Outro tanto cómpre dicir do rico fidalgo riveirense Don Pedro Arias Mariño, que en 1753 declaraba no Catastro da Ensenada 103 cabezas de vacún, amén de 8 porcos, se ben sabemos con certeza que non dicía toda a verdade, porque varios labregos das poboacións veciñas manifestaban ter unha cantidade maior de gando vacún, ovino e cabalar, á metade da ganancia co devandito personaxe. Isto non nos debe estrañar porque se trataba dunha declaración fiscal, e xa se sabe que nestes casos cadaquén fai o que pode.
O perigo
Naqueles séculos existían nas nosas terras un bo número de patrimonios gandeiros, sen dúbida moitos máis e de maior tamaño cós existentes na actualidade. Por riba, a posesión de gandos de todo tipo estaba xeneralizada entre os labregos da comarca, que se abastecían de produtos porcinos, e da carne, leite, coiros e forza do traballo do vacún e do cabalar.
E un dos principais perigos ao que estaba -aínda hoxe está- exposta esta riqueza, era o das animalias que habitaban os nosos bosques. A seguinte escritura notarial é ben elocuente ao respecto, e, por iso, case sobran os comentarios.
Documento textual
«En la villa de Noya a ocho días del mes de abril de mil y quynientos y ochenta e un anos ante mí (¿) comparecieron Juan de Castelo y Pedro Díaz de Queiro, vecinos de Santa María de Nebra en representación de los demás vecinos que viven e moran desde Miñortos hasta Santa María de Argalo, y hasta San Payo de Carreira, que son y se entienden: San Andrés de Cures, Santo Isidro de Postomarcos, Santa Cruz de Lesón, San Pedro de Palmeira, San Payo de Carreira, San Giao de Artes, Santa María de Olbeira, San Mino de Oleiros, San Pedro de Muro, Santa Marina de Juno, Santa María de Caamaño, San Pedro Fins, Santo Esteban de Queiruga, San Pedro de Baroña, San Vicente de Noal, Santa María de Nebra, San Sadornyno de Goyans, San Juan de Camboño, San Mino de Miñortos, San Pedro de Boa, Santa Mariña do Obre, Santa María de Argalo (¿) y de la otra parte Francisco Carou da Feosa, vezino de Santa Baya de Vilacoba, e se concordaron en esta manera: que Francisco Carou por tiempo y espacio de dos años andará a la caza y camada de lobos, y matará todos los lobos que pudiere matar, y para ello le han de dar dos feixes de cuerdas y la gente necesaria para montear, y por cada lobo que matare bien a las cuerdas bien a ballesta, siendo lobo viejo le han de pagar cincuenta reales, pagos dentro de ocho días después que lo matare y si acaeciere matar una camada de lobos nuebos le han de pagar los cincuenta reales y si matare la tal camada y el padre y la madre le han de dar por los nuebos los dichos cincuenta reales y por los biejos, por cada uno otros cincuenta reales».
«Y en el caso de que Francisco Carou apresare lobos, y les tuviese puesto las cuerdas y dado las voces, se escapasen, por cada lobo que se fuere le pagaran doce reales».
«Y todas las veces que hubiese apresado lobos y diese aviso en cualquiera de las feligresías donde lo apresase, la tal feligresía se ha de juntar y acudir a la parte donde lo tubiere apresado con las cuerdas, y si no lo hiciesen le han de pagar por el trabajo a Francisco Carou otros 12 reales».
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.