A sensación que me levei hoxe no paseo matutino pola praia da Aguieira, ao lembrarme desta nota de prensa do alcalde: O Concello sonense mellorou os servizos e pasarelas das praias de Caveiro, Aguieira e Coira, non ten nome e só podo acertar a dicir unha cousa, todo foi pura propaganda!!!.
Nesta pasarela como se pode comprobar, non se fixo nada e na que está na zona de Salagoa a Cadeiras, tampouco, porque están perfectamente.
Na nota tamén di que repararon as duchas e onte cando quixen ollala KiteSurf, decateime que algo se fixo, mais o que se fixo e nada todo é o mesmo. Sacáronlle catro herbas de mala maneira ao arredor das dúas duchas que hai e a que está máis preto de Cadeiras, faltáballe un mando e perdía auga. Iso si, líbreme Deus de asegurar que xa deixaron así, pero visto o visto...
Unha de dúas, ou ao señor alcalde lle meteron un gol ou quíxonolo metérnolo el en fora de xogo. Magoa que La Voz de Galicia non contrastase un pouco máis a información, porque remata dicindo: «o areal quedou preparado para a tempada estival», agardemos que emenden o desaguisado.

Xa desviándome un pouco do tema, tanto lle custaba aos que onte gozaron da "nosa" praia, dar catro pasos e deixalas bolsas dentro dos contedores?. É que só son vinte metros e ademais, hai varios carteis que piden usalos.
O último "rapapolvo" tócalle á empresa responsable de recollelos residuos orgánicos, eses levan bastantes días aí dando unha deplorable imaxe, xusto a carón dunha das principais entradas á praia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.