Non hai nada máis pracenteiro que camiñar pola mañanciña ou polo serán, a miña hora preferida, polos nosos montes lonxe do mundanal ruído. Ademais das fermosas vistas que podemos ollar dende os miradoiros naturais, podemos atoparnos con todo tipo de pedras esculpidas polo vento e a choiva, ademais dos nosos museos etnográficos e hidrolóxicos que poboan os nosos ríos. Estoume referindo entre outras cousas aos vellos muíños abandonados, pasais de vital importancia no seu día para cruzalos ríos e por suposto, onde aínda se conservan, contemplalo sistema tan arcaico de regalas brañas para poder collela mellor herba, pero que permitía facer un uso conxunto deste ben tan valioso e necesario como é a auga.
Despois de todo isto e dependendo da zona por onde vaiamos camiñando, podemos olfactear todo tipo de aromas entremezclados entre si, escoitando rico e variado repertorio de cánticos dos paxaros e acompañados polo rumor do río ou a brisa.
Esta reportaxe foi elaborado nas Pedragueiras de Cadeiras e no río Cans. Nesta zona fai anos abríronse dúas canteiras polo que non seria descavillado asegurar que moitas rochas coma estas desapareceron e outras remataron en xardín privados, cando isto é Patrimonio de todos e os montes aínda que pareza que non, teñen dono, neste caso perténcenos aos comuneiros e comuneiras de Nebra.
Curiosidades: Para agualas brañas non se seguía ningún protocolo ou "porroteo" como se adoitaba para agualo millo ou as "pallas", para sementeira do millo restrebo. Aquí dependía da astucia dos donos e durmir pouco, xa que todo consistía en ser o último en tornala para a súa braña. Moita xente ía mesmo de madrugada, de aí o de durmir pouco, aínda así cando se achegaba pola mañanciña, decatábanse que outros durmiran moito menos. Ollándoas era doado saber cal era a que "aproveitaba" máis horas de auga.
Despois de todo isto e dependendo da zona por onde vaiamos camiñando, podemos olfactear todo tipo de aromas entremezclados entre si, escoitando rico e variado repertorio de cánticos dos paxaros e acompañados polo rumor do río ou a brisa.
Esta reportaxe foi elaborado nas Pedragueiras de Cadeiras e no río Cans. Nesta zona fai anos abríronse dúas canteiras polo que non seria descavillado asegurar que moitas rochas coma estas desapareceron e outras remataron en xardín privados, cando isto é Patrimonio de todos e os montes aínda que pareza que non, teñen dono, neste caso perténcenos aos comuneiros e comuneiras de Nebra.
Arte Natural |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.