luns, 8 de marzo de 2010

Pleno con máis pena que gloria

Como cada venres, último de mes, celebrouse no ¿salón nobre? do Concello outro pleno insufrible onde o goberno e a oposición se chamou de todo, menos guapos. O publico fomos testemuñas unha vez máis de intervencións fora de quenda, insultos e graves acusacións, se antepoñela palabra presunto ao que o señor alcalde non foi quen de poñer coto ou non quixo.

Unha vez máis salvase desta queima pola súa comisura e saber estar, o represéntate de IPS. Ao respecto das graves acusacións que se verteron, só a Xustiza é quen de dirimir os presuntos delitos que uns e outros se cruzaron, nunca un cargo público e moito menos un político da rúa.

Como xa dixen noutro post, dependendo do lado que se está os que outrora criticaban este tipo de intervencións, hoxe apúpanas porque non van dirixidas contra os seus. Os que se sintan aludidos é problema seu, pero o salón de plenos non é unha taberna para largar mitins insufribles, é para tentar solucionar os problemas dos sonenses, e se ese é o seu único argumento, porta. Seguro que outros loitaran para entrar.

Reflicte La Voz de Galicia, que a moción presentada polo equipo de goberno sobre o decreto de galego foi unha disputa estéril e tediosa e non mentiu, só que non se quixo mollar a fondo e deixou no tinteiro moitas das intervencións do equipo de goberno.

Non se pode criticar ao inimigo político de non respectalo galego, nomeouse sibilinamente a Corina Porro e Carlos Negreira, cando, e iso é o incrible, os seus alcaldes que gobernan gracias a unha coalición non adoitan precisamente falalo demasiado en público. Tampouco vin que iso fora unha causa que imposibilitase o pacto ou que votasen en contra nunha moción: Os socialistas néganse a apoiar a aplicación do novo texto sobre o emprego do idioma.
Podería traer exemplos doutros incumprimentos ou políticos e militantes de partidos que acoden as manifestacións aprol do galego, e despois falan cos seus fillos en castelán e algúns, mesmo non ten empacho e dicilo publicamente ou en bitácoras.

Lamentablemente estamos nun mundo tan globalizado, que é imprescindible falar máis dun idioma e diso os galegos que fomos emigrantes, sabemos moito. Non vou dicir que sobrevivín no estranxeiro falando só galego ou castelán porque mentiría, aínda que algo de verdade hai, xa que tiven a fortuna de que os mandos chapurreasen algo o castelán e tamén, porque eramos varios galegos. Só cando me propuxeron a posibilidade dun ascenso, fun antes a unhas clases de inglés. Agora, escoitar no pleno dicir que alguén sobreviviu 20 anos nos Estados Unidos falando só galego, antolláseme algo difícil e non teño motivos para dubidar, pero sei do que falo porque tamén estiven nese país.

No que si coincido é que a día de hoxe non creo que a Xunta estea preparada para implantalo inglés nas aulas, pero supoño que haberá que empezar por algo, iso si, sen descoidalo noso fermoso idioma. Estou orgulloso de falalo aínda que non me servise na miña vida laboral, pero é algo noso e iso que cando fun a escola, estaba proscrito. Será un sen sentido, pero é a pura verdade.

Oporse ao inglés aducindo que quen queira aprendelo ten moitas posibilidades agora coa TDT, non é verdade, é certo que no estranxeiro as películas son en versión orixinal, pero é que ademais estudan outro idioma estranxeiro. Con ese argumento e dado que levamos 25 anos coa TV e Radio Galega, ¿por que cada vez se fala menos o galego?.

Claro que as becas no estranxeiro como tamén se dixo, sería unha boa ou mellor opción, pero ¿habería posibilidades para todos, ou só para uns cantos privilexiados i enchufados?.

Re-aprobouse novamente a piscina municipal, que máis que piscina vai parecela obra do Escorial. Retomase o proxecto dun arquitecto que no seu día non era ben visto pola oposición, pero que o tempo parece que cura tódalas feridas. Din que o falar non ten cancelas.

Tamén se aprobou a ordenanza do prezo público pola prestación do servizo do fogar, con novo enfrontamento entre o goberno e o PP. A oposición dixo que facía catro meses que xa levaran ese punto ao pleno, pero que por boicotealos se-lle rexeitara. Foron a máis ao dicir que, «é a mesma que traen agora». A portavoz do goberno díxolles que tiña modificacións e que unha das causas polas que no aprobaron, ese día era porque se esixía aos beneficiarios domicilialos pagos e agora non, e  que tamén poderían pagar a mediados de mes.
Se só meteron esas pequenas modificacións, non ían facer un copia e pega, ¿por que no seu día non propuxeron iso. Sóese facer moitas veces para mellorar unha moción, sexa defendida polo goberno ou pola oposición e así é como debería ser sempre, non rexeitar todo porque temos maioría, e punto.
Digo isto, porque estiven presente no pleno onde se rexeitara a ordenanza, e nada disto se dixo.

Cada vez pregúntome máis se estamos nunha Democracia ou Ditadura, vendo casos como que para unha expropiación forzosa se recorra a unha Lei que a Lei da Memoria Histórica aínda non derrogou ¿non interesa?.
Digo isto, porque en Portosín despois deste pleno tres casas poden correr serio perigo de ser demolidas para facer unha urbanización e aínda que a lei sexa clara: «para proceder á expropiación forzosa será indispensable a previa declaración de utilidade pública ou interese social do fin a que hai de afectarse o obxecto expropiado».
Pregunto porque non estou moito ao loro en canto a expropiacións, vendo como no seu día a Consellería do Medio Rural lle atravesou o agro a meu pai coa pista. Neste caso ¿é para algo de utilidade pública, un ben social ou privado para algúns facer uns un negocio?. ¿Estes edís votarían igual se esas casas fosen súas ou dun familiar? e sabendo como no seu día, a Xunta bipartita non estaba de acordo.

Aprobouse crear un viveiro de empresas, que o PP votou en contra aducindo que en Boiro con ser Boiro, tan só se crearan tres empresas baixo esa modalidade. Síntoo dicilo, pero non me pareceu un argumento sólido para oporse. Malo oporse só por oporse e xa esquecín en cantos plenos, e xa levo acudindo a uns cantos, vin esta ridícula forma de proceder por parte dos tres partidos maioritarios.

Coma remate do que dou de si o pleno e pola que nos pode caer aos veciños de Nebra, toca falar da autovía que solicitaron as nosa "eminencias" para levala ata as portas do Concello. A pesar da miña retórica a cousa é moi seria.
¿É necesario ou precisa esa autovía ata Porto do Son, para catro coches que acoden as praias no verán?. ¿Alguén sufriu algún atasco dende O Son ata Portosín? Non, porque empezan máis ou menos a altura da Gafa e só son dous meses señores, dous meses.
De levar isto a cabo máis o polígono industrial, Nebra vai quedar moi tocada, pero xa estou vendo moit@s Xudas Escariotes, que dende a oposición moita esbardallar e a hora da verdade tod@s son iguais.

Onde non houbo acordo foi no nomeamento de novas rúas do Concello, parece que agora se non se nomea un "Consejo de Expertos da Universidade", non somos nada, cando e así se dixo no pleno, noutras ocasión non fixo falla chamar a ningún sabelotodo.
Dous datos, por non estenderme demasiado, ¿por que haberá curas de primeira e segunda para propolos para algo? Digo isto, porque cando o portavoz do PP nomeou a un (non lembro quen), produciu certa incredulidade e sorpresa.
Relativo á proposta que fixo o PP cando estaba no goberno, para que os veciños aportásemos nomes e propostas, díxose que non calara na xente e que só recibiran tres cartas, que propoñían a un familiar directo, ou familiares. Agardo que se me desculpe se non son preciso, pero por mor do balbucir da xente, non puiden escoitar ben.
Do que non teño ningunha dúbida é que nada se dixo de haber recibido correos electrónicos na dirección habilitada. Dirección a que eu mande o que expoño abaixo. A pregunta é, ¿ninguén abriu ese correo? ¿quen tiñan acceso a el? Non quero sen malicioso e pensar que alguén o borrou.

Non quería rematalo post sen falar dunha crítica que recibiu o PP, por haber abandonado o pleno anterior e haber cobrado a asistencia. Dous apuntes, notase que quen fixo a pregunta non gusta precisamente da cor dese partido, i está no seu dereito, pero é que resulta que houbo moitos plenos que os edís abandonaron antes de tempo. Ou sexa, que se queremos criticar, critiquemos, pero a todos por igual.
Isto mesmo pasa no Parlamento Galego ou do Estado, onde non é nada raro ver aos señores deputados falando solos con unhas cadeiras valeiras, iso si, despois os que se sentan nelas, pagáselles relixiosamente cos nosos impostos, e cando tocan eleccións, votámolos igual.
Por suposto que non comparto estas actitudes nin agora nin antes, aínda que recoñezo que os equipos de gobernos a veces buscan esas saídas, sobre todo cando por algunha circunstancia ven que esa día non teñen a maioría precisa para logralos seus obxectivos.
A miña recomendación sería que a próxima se queren levantarse do pleno, o fagan, pero que queden no medio do público para aguantar estoicamente como nos tocou a nós aguantar o outro día, ata a unha e pico da madrugada. A min tampouco me gusta o que pasa na comunidade, pero acudo sempre as asembleas, iso si, sen inscribirme, porque nada do que diga vai constar en acta e porque tampouco se decide nada.

Imprimir mensaje - Windows Live Hotmail http://co112w.col112.mail.live.com/mail/PrintShell.aspx?type=messag

Nomeamento de rúas
De: Francisco Calo Garcia (xxxxxxxxxxxxx@hotmail.com)
Enviado: lunes, 31 de diciembre de 2007 20:04:16
Para: propostanomeruas@yahoo.es

Quixera facela miña aportación a oportunidade histórica que a Corporación municipal nos ofrece para dar nome as novas rúas do Concello.
A miña proposta ou propostas, xa que son varias, son relativas a loita agraria que se viviu neste Concello a principios do Século pasado e que tan lutuosos feitos se deron na miña parroquia.
Creo sinceramente que Xenerosa Vidal, Francisca Carou, Ramona Suárez, Rosa Cadorniga e Antonio Sobrado, que derramaron a súa sangue na ponte de Cans en defensa dos dereitos de moitos e moitas sonenses, merecen como mínimo ese pequeno recoñecemento en varias desas rúas.
Outras propostas serian de selo caso, dar nome a unha praza como: Praza da Liga Agraria de Nebra ou dado que se vai remodela carreteira de Cans, nomeala como: Avenida da Liga Agraria de Nebra.
Grazas por permitirnos expresalas nosas opinións e agardo que os nomes que se escollan, acaden un amplo consenso.
Atentamente: Francisco Calo Garcia. Promotor e organizador da colocación do monolito e dos actos en homenaxe a ditas vítimas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.