Mentres que a un veciño ou veciña parece que lle molesta todo que fago por Internet, promocionando e lucindo con orgullo o nome da nosa parroquia, aproveito para amosarlle varias anécdotas ou coincidencias sobre o nome de Nebra:
Foi o segundo faraón da Dinastía II de Egipto e reinou c. 2800-2785 a. C.
Pobo alemán situado en Burgenlandkreis, Halle, Sachsen-Anhalt: Satellite Images of Nebra
Asteroide nº. 69264 da serie (1988 PE4): (69264)_Nebra
É o apelido dunha familia española de músicos:
José de Nebra
Francisco Javier de Nebra
Joaquín Ignacio de Nebra
Por outra parte fai tempo atopei a bitácora desta mexicana María García Esperón, dedicándonos un artigo: La Nebra gallega.
Para min incluso foi un orgullo, porque para acompañalo seu artigo incluso se valeu dun vídeo e fotos que teño en Internet.
Dicirlle ao amable anónimo que é o único "roubo" que coñezo e que non quero falar moito para non gañarme máis inimigos, pero que poderíamos falar por exemplo do espolio feito sobre todo no noso Patrimonio de ríos, que "adornan" algúns xardíns e casas.
Seguindo coa bitácora de María, que parece estar dirixida á promoción de libros de literatura infantil e xuvenil, ademais de ser escritora, podemos atoparnos coa presentación do libro Nebra, de Arturo Ortega Blake, aínda que neste caso non ten nada que ver coa nosa parroquia, se non co pobo alemán onde se atopou El disco de Nebra
Neste enlace teñen máis información da presentación do libro: Nebra una mirada milenaria
Toda información sobre esta xoia prehistórica datada sobre 1600 años adC: Disco celeste de Nebra
O que son as cousas, en tan poucas letras leveinos de Galiza a Exipto, pasando por Alemaña e rematando no País irmán de México.

E se dixitalizaran todos os libros impresos do mundo, o que tal atoparías sobre Nebra! E os libros de bautismo, as actas dos xulgados, os códices dos conventos... buf! Nebra e Nebrija estarán emparentados, supoñemos.
ResponderEliminarTi que es aborixen dalí... hai moita néboa?
Noraboa polo artigo. Se foras francés chamaríamoste chauvinista, pero como te gabas de ser de Nebra, terás que quedar como nebrista e a moita honra!