venres, 5 de xuño de 2009

Vota Ayaso

Antes de que empece a xornada de reflexión, permítanme que presente ao candidato mellor situado no Barbanza de cara as eleccións europeas.

O slogan deste novo partido é ben claro: NIN Pepe NIN Pesoe, VOTA AYASO, que casa o sábado. De Bretal a Keiruja e de ahi pa Bruselas.

Ao contrario que os outros candidatos este só ten unha promesa electoral:
«Cervexa gratis cando vaias de camiño a Noia».
Para que vai prometer máis se despois non é capaz de cumprilo, iso deixallo aos "oficialistas" que diso saben moito.

Este Candidato Multipartidista vai máis aló e representa a varios partidos. Aí é nada.

P.P.D.D (Partido Partidario do Descanso Diario): Pola ampliación da xornada da hostalería.

K.T.S (Ke Traballe Silvia): Igualdade de dereitos.

E.T.B (Exército Terrorista de Bretal): Sumisión de territorio hostil en Keiruja e creación de base volante.

Agardemos que o resto de partidos e candidatos non impugnen o casorio por facelo o día de reflexión, non vaia a ser que pensen que iso lle carree moitos máis votos e por riba que a súa promesa electoral é máis crible.

Por outra parte xa se sabe: un "bandullo" ben cheo fai trocalo voto ao máis sensato e disto si que saben moi ben os nosos políticos.

Parabéns á parella e aos autores da broma.

2 comentarios:

  1. Jajajaja... pero agora como imos reflexionar! matástesnos! E en que casilla hai que riscar para votar a este fenómeno?

    ResponderEliminar
  2. pois non casou o dia antes das eleccións...casarón o tal ayaso e a súa noiva oxe dia 13 de xuño na eirexa de Queiruga!

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.