Parece que o último pleno estivo algo revolto e houbo un pouco de mar de fondo. Mágoa non poder acudir e falar do acontecido en primeira persoa, polo que teño que deixarme "influenciar" pola prensa.
Dous asuntos parece que levaron a bruma ao interior do salón de plenos. O primeiro un plan de urbanización da unidade de actuación nº 2 de Portosín e o segundo, obrigar ao Concello comprar unha leira para darlle acceso a varias casas.
La Voz de Galicia: La adquisición de una finca para abrir un acceso a unas casas en Miñortos enfrentó a PP y BNG
El Correo Gallego: El pleno abre expediente a una unidad de actuación de Portosín
Nunha "cacea" parece que se pescou un plan que non se axusta a legalidade e que as irregularidades están recollidas en informes xurídicos emitidos por Política Territorial e por un letrado.
O curioso é que a vista dos informes os mariñeiros e mariñeiras enrolados neses cinco barcos e dedicados ao mesmo tipo de arte, teñen serias dúbidas de se se axusta á "talla legal".
Os enrolados no PP (6) optan por considerala ilegal e votan a prol (devólveno ao mar), os do PSOE (5) votan en contra (prefiren vendelo aínda que os multen) e os do BNG, AVS, e Independentes de O Son (6) abstéñense (véndeno ilegalmente de porta en porta).
Aínda que na votación non coincidan, si o fan na súa "sentenza":
A segunda arte empregada no pleno, parece que foi o "engado". Neste tipo de arte enganase ao peixe e ao persoal, botándolles de comer para acotío rodealos cunha rede ou unha mentira.
Para La Voz de Galicia foi o seu titular: «La adquisición de una finca para abrir un acceso a unas casas en Miñortos enfrentó a PP y BNG». Para El Correo Gallego só foi un dato: «Tema polémico».
Non coñezo a zona da polémica e tampouco coñezo o informe que presenta o alcalde contrario á compra da leira, pero opino igual que el, que isto senta un precedente, polo menos no noso Concello, e outros particulares poden a partir de agora pedilo mesmo. Pero falemos antes do que me parece o engado.
Na Galiza rural, ou polo menos en Nebra, tiñamos antes da chegada da parcelaria tres tipos de accesos ás nosas leiras: de carro, de pe ou carril.
A pregunta é, por onde levaron os materias para facelas casas?
Polo ar? Non creo. Por un camiño de pes, nunha carretilla? difícil de crer.
Por un carril? Imposible de crer, pero si viable. Aquí é onde pode estalo problema, ao ser carril o Concello non pode cubrilo cunha capa de cemento ou chapapote.
Por un camiño? Supoño que si, e seria o máis razoable. Neste caso se pasaba un carro, pasa un tractor e pasa un coche se se dota de chapapote.
En Nebra foron innumerables os veciños que padeceron a lacra de non ter un acceso digno as súas casas e sen poder facelo en coche, a pesares de que daban directamente a camiños.
Antigamente o acceso á praia da Aguieira e a dúas casas dende o Empalme, era unha auténtica corredoira e un río. Sen anchearse nada aí esta.
Partindo do cruceiro que hai antes da Igrexa, outra casa botou lustros. Outra que está moi preto xa non botou lustros, botou decenios.
En Queiro fíxose unha pista e déuselle servizo a catro casas, deixando colgadas a dúas. No seu día, e cando militaba no BNG, pedín rematar con esa discriminación e aí seguiu ata a chegada da parcelaria.
Se estas casas foron feitas presuntamente en leiras que só tiñan acceso mediante carril a pregunta é, por que o Concello e os veciños temos que mercarlle o acceso? Partindo desta premisa, agora calquera propietario pode empezar a considerar como solar calquera leira, visto o visto.
Se o alcalde e o seu grupo actuase coma a directiva da comunidade poderían facelo mesmo que fixeron co agro de meu pai, expropiarllo para abrir unha pista e o que é máis incrible, agora non ten acceso e en cada asemblea que lle pregunta polos motivos que os levaron a facerlle iso, inda teñen máis razóns que el para xustificarse.

«La oposición advirtió que la promotora afectada podrá pedir daños y perjuicios al Concello» (sic)Sexamos un pouco máis serios, se tan seguros están que a promotora pode pedir danos e prexuízos, como poden botarlle a culpa a seis concelleiro/as de "hipotecalo futuro do Concello" e eles, once "lavarse as mans"?
A segunda arte empregada no pleno, parece que foi o "engado". Neste tipo de arte enganase ao peixe e ao persoal, botándolles de comer para acotío rodealos cunha rede ou unha mentira.
Para La Voz de Galicia foi o seu titular: «La adquisición de una finca para abrir un acceso a unas casas en Miñortos enfrentó a PP y BNG». Para El Correo Gallego só foi un dato: «Tema polémico».
Non coñezo a zona da polémica e tampouco coñezo o informe que presenta o alcalde contrario á compra da leira, pero opino igual que el, que isto senta un precedente, polo menos no noso Concello, e outros particulares poden a partir de agora pedilo mesmo. Pero falemos antes do que me parece o engado.
Na Galiza rural, ou polo menos en Nebra, tiñamos antes da chegada da parcelaria tres tipos de accesos ás nosas leiras: de carro, de pe ou carril.
- Os de carro eran camiños ou corredoiras con acceso directo ás leiras. Se daban para un solar moitos donos aproveitaron para facela súa casa ou para vendela, xa que estaba ben valorada.
- Os de pe eran corredoiras onde non pasaba un carro e só se podía acceder andando ou cunha carretilla, tiñan outra peculiaridade, atravesaban leiras sementadas por unha liña imaxinaria.
- Os carrís daban acceso a pe todo o ano, e co carro en datas concretas: pechábanse ao remate da sementeira do millo e abríanse na recolleita. Non se volvían a pechar ata a nova sementeira.
A pregunta é, por onde levaron os materias para facelas casas?
Polo ar? Non creo. Por un camiño de pes, nunha carretilla? difícil de crer.
Por un carril? Imposible de crer, pero si viable. Aquí é onde pode estalo problema, ao ser carril o Concello non pode cubrilo cunha capa de cemento ou chapapote.
Por un camiño? Supoño que si, e seria o máis razoable. Neste caso se pasaba un carro, pasa un tractor e pasa un coche se se dota de chapapote.
En Nebra foron innumerables os veciños que padeceron a lacra de non ter un acceso digno as súas casas e sen poder facelo en coche, a pesares de que daban directamente a camiños.
Antigamente o acceso á praia da Aguieira e a dúas casas dende o Empalme, era unha auténtica corredoira e un río. Sen anchearse nada aí esta.
Partindo do cruceiro que hai antes da Igrexa, outra casa botou lustros. Outra que está moi preto xa non botou lustros, botou decenios.
En Queiro fíxose unha pista e déuselle servizo a catro casas, deixando colgadas a dúas. No seu día, e cando militaba no BNG, pedín rematar con esa discriminación e aí seguiu ata a chegada da parcelaria.
Se estas casas foron feitas presuntamente en leiras que só tiñan acceso mediante carril a pregunta é, por que o Concello e os veciños temos que mercarlle o acceso? Partindo desta premisa, agora calquera propietario pode empezar a considerar como solar calquera leira, visto o visto.
Se o alcalde e o seu grupo actuase coma a directiva da comunidade poderían facelo mesmo que fixeron co agro de meu pai, expropiarllo para abrir unha pista e o que é máis incrible, agora non ten acceso e en cada asemblea que lle pregunta polos motivos que os levaron a facerlle iso, inda teñen máis razóns que el para xustificarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.