xoves, 16 de abril de 2009

Oitava volta ciclista a Galicia

Hoxe disputouse a segunda etapa da VIII volta ciclista a Galicia dende A Coruña a Porto do Son.

A saída produciuse dende a mítica praza de María Pita na Coruña, e na Avenida de Arteixo estaba o km 0.

O percorrido transcorreu polos pobos de: Arteixo, Laracha, Carballo, San Roque, Salgueiras, Santa Catalina, Santa Comba, A Pereira, Pino de Val, Suevos, Paxareira, Serres-Muros, Serra de Outes, Noia, Portosín, Nebra, Noal-Porto do Son e meta no alto da Enxa.

As 16:51 a cabeza de carreira formada por catro ciclista, pasou por Nebra.

Un minuto máis tarde pasaba o pelotón, pechando un ciclista distanciado.

A meta estaba situada no alto da Enxa (55o m. de alto), clasificado coma porto de montaña de 1ª categoría.

Maña a saída será dende o porto de Porto do Son. Pero esa é outra historia



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.