Cando se conmemoraba o 200 cabodano da heroica xesta contra as tropas francesas dun fato de veciños de Mazaricos co seu párroco e o de Coluns ao fronte, xunto cos veciños dos concellos limítrofes de Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra, Mazaricos lembrou as 25 vítimas de Ponteolveira.
A batalla fora para impedirlles cruzala ponte na busca dunha saída cara ao mar dende Santiago. Ían en retirada e como o río levaba moita auga, non se atreveron a vadealo.
As únicas armas dos veciños eran os seus apeiros de labranza, algún fusil e un canón que nin souberon disparar, con todo loitaron contra un exercito armado hasta os dentes e adestrado para guerra, aínda así lograron frealos durante todo un día.
Na Picota e no mesmo sitio onde se supón que os franceses axustizaron a todos, levantouse un monolito cunha placa.
O acto contou con varias autoridades, empresarios e un nutrido grupo de xente. O presidente de Braña, Juan Antonio Jurjo, exerceu de mestre de cerimonias, presentando o acto e aos invitados.
Canto nos queda por descubrir e que tanta información de Galiza se nos agacha. Por qué ese afán de ocultarnos parte da nosa Historia?
Mais información: Mazaricos recordó a las 25 víctimas de Ponteolveira

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, dixo que lle gustaría que repetisen actos destes por toda Galiza, xa que dende A Serra da Conda ata o rio Miño, Galiza tivo que sufrir o mesmo sacrificio e por iso lle gustaría que se repetisen en Viveiro, A Estrada, Forcarei, Carril, Vilagarcía, Xinzo de Limia, Valdeorras e Monforte.
Lembrounos que en Monforte morreron nun so día cincocentas persoas e que aquela foi unha guerra dos campesiños, dos mariñeiros, dos cregos, dos frades e dos fidalgos, todos xuntos facendo pobo e que todos xuntos recuperaron a liberdade e a independencia de Galiza.
Dixo ademais que ese actos non deben ser considerados como unha persecución á memoria, todo contrario, xa que sese fala tanto da memoria histórica, tamén se debería falar desta memoria histórica.
Vista xeral do acto
Placa:
Concello de MAZARICOS
Asociación Cultural Perfecto Sande Martínez "BRAÑA"
Aos patriotas que morreron o 12 de abril de 1809 na batalla de Ponteolveira contra os franceses.
Neste mesmo lugar algúns deles foron degolados e aforcados por defender a liberdade do pobo.
IN MEMORIAM
Mazaricos, 12 de abril de 2009
Concello de Mazaricos.
D. Fernando Antonio Blanco Jiance, cura párroco de Mazaricos.
D. Francisco Narciso de Sotelino, cura párroco de Colúns.
D. Tirso Rodríguez, de Colúns, campesiño.
D. Ventura de Prol, de San Cosme de Antes, campesiño.
Concello de Dumbría
D. Francisco Durán, de Dumbría, campesiño.
D. Domingo García, de Dumbría, campesiño.
D. Pedro de Lago, de Dumbría, campesiño.
D. José González, de Salgueiros, campesiño.
D. Santiago González, de Salgueiros, campesiño.
D. Ángel de Lago, de Salgueiros, campesiño.
D. Antonio de Ponte, de Salgueiros, campesiño.
D. Pedro Touriñán, Salgueiros, campesiño.
D. Manuel Paz, de Ameixenda, mariñeiro.
Concello de Cee
D. Carlos Mandayo, de Pereiriña, campesiño.
D. Sebastián Fidel, de Pereiriña, campesiño.
D. Juan de Santos, de Pereiriña, campesiño.
D. Carlos Núñez ou Tuñez, de Pereiriña, campesiño
Concello de Corcubión.
D. Antonio Corbacho, de Corcubión, Mariñeiro.
D. José de Lago, Corcubión, mariñeiro.
D. José Silva, de Corcubión, mariñeiro.
D. José Tarrela, de Corcubión, mariñeiro.
D. Alfonso Baldivieso, de Corcubión, mariñeiro.
Concello de Fisterra.
D. Joaquín Canosa, de Duio, mariñeiro.
D. José de Senlle, de Duio.
D. Antonio Casas, de Fisterra, mariñeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.