xoves, 10 de abril de 2014

Semana Santa 2014 «Porto do Son»

Cando aínda non se volatilizaron as cinzas de Don Carnal, aquí do Filipiño, xa temos ás portas a Semana Santa de tan longa tradición no noso Concello, cuxo prato forte, sen desmerecer outros, é o venres, co Santo encontro na Praza de España, ao que acoden moitas familias.

Todo isto non sería posible sen a boa sintonía de Don José, o párroco de Noal, Don José Ramón, os socios da «Cofradia de la Pasión de Nuestro Señor» que levan o peso, nunca mellor dito das imaxes e a súa organización, e sobre todo sen a presenza das devotas e devotos.

Non se perdan a primicia que lle deu Juan Pérez Pouso, Irmán Maior, a Tom Lorenzo no seu programa Enterías, a partires do minuto 62:50.

Así mesmo recoméndolles visitala exposición exposta na capela da Atalaia, que amosa fotos de principios de Século pasado, carteis, noticias, e as imaxes dos pasos que percorreran as rúas do Concello.

Bitácora da: Cofradia

Programa

En Nebra, Don José Ramón quere recuperar a vella tradición de facer sonar as trécolas ou carracas, o xoves... Toca animarse!!!

Xoves Santo, Xoves Santo,
día de gran devoción,
tocan ás trécolas na misa,
que morreu Noso Señor

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.