xoves, 10 de abril de 2014

Nota informativa da OMIX de Porto do Son


Moi boas!
adxunto remito a actividade que imos levar a cabo no centro de Interpretación Castro de Baroña (Porto do Son), o vindeiro sábado 12 de abril.
a actividade vai dirixida a aqueles que tendes interese por elaborar algún programa que presentar a subvención. Pásovos tamén o índice que o técnico que desenvolve a actividade me pasou para a xornada.

Animarvos a participar, e ata a seguinte nova....

Saúdos,

Ana Freire

Taller de ideas

Obradoiro sobre como redactar un proxecto de participación xuvenil, centrado especialmente na próxima convocatoria de Iniciativa Xove. Consellos e boas practicas para unha adecuada xustificación

Índice:

1. Participación Xuvenil. A escala de participación

2. Iniciativa Xove. O Programa.

3. ¿Quén pode presentar unha Iniciativa Xuvenil?

4. Enmarcando a nosa Idea

5. Estrutura dunha iniciativa

a. Fundamentación

b. Obxectivos

c. Actividades

d. Metodoloxía

e. Avaliación

f. Beneficiarios

g. Recursos Humanos

h. Efecto Multiplicador

6. Consellos para a execución do proxecto.

a. Planteamento

b. Execución

c. Difusión

d. Avaliación

e. Xustificación

7. Prazos e Cronograma


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.