Un ano máis, a parroquia de San Pedro de Baroña volveu a congregar a centos de fieis avogosos desta Virxe, que puideron acudir ás 5 misas rezadas e á solemne celebrada ás 13:00 H. O día, máis de verán que primaveral tamén axudou a esta masiva afluencia.
Na misa do medio día non collía un alfinete, e contou coa presenza do Deputado nacional, Don Antonio Insua, o alcalde Don Luís Oujo, que é natural desta parroquia e o concelleiro de festexos Don José Manuel Deán.
Pola maña, a Banda de Música de Caamaño, levou a súa nota musical por varias aldeas, ofrecendo o seu primeiro concerto no adro á saída da misa das 12:00 H., acompañando a Procesión hasta o cruceiro de capeliña que a Virxe ten na aldea de A Igrexa. Alí a procesión fixo unha parada na que o coro canta á Virxe e os fieis van collendo os mirtos que adornaban o altar no que repousa Virxe.
Ao remate dos actos relixiosos, o Grupo de Gaitas Chorimas de Queiruga co seu grupo de Danzas, ademais de botarlle unhas pezas musicais, tamén suaron a camiseta cos seu bailes, sendo moi ben acollidos polo público.
Cando remataron o seu pase, tomou o relevo a Banda de Música, que tamén arrancou os aplausos da xente.
A estas hora o trío Fuego de Vigo, está deleitando ao publico asistente en Abuín, fronte ao Bar 85.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.