domingo, 4 de marzo de 2012

Vídeo Histórico!


Onte, cando andaba á procura de información relacionada co Concello atopeime coa sorpresa de que a Festa Hortera de Porto do Son, ten dende o mes de xaneiro un blogue editado pola Marquesa de Rocapillón.

Pero a miña sorpresa foi moito maior cando ó mergullarme nas súas páxinas, aparece ante min este vídeo do Santo Encontro que se celebra na Praza de España o Venres Santo, que me fixo retroceder no tempo ó traerme vellas lembranzas.

Aí esta a praza ateigada de xente -ese día incluso chovendo-, tal e como a lembro de rapaz cando me levaba miña nai. Esta é a maior lembranza e sentimento que fai aflorar en min. Aí temos o balcón da casa de Carlos Vinagre -hoxe demolida- desde o cal o padre botaba sempre o sermón.

En fin, que dende aquí quero felicitar á Marquesa de Rocapillón pola creación do blogue, pero sobre todo por compartir con todos nós este histórico vídeo.

video