domingo, 4 de marzo de 2012

Vídeo Histórico!


Onte, cando andaba á procura de información relacionada co Concello atopeime coa sorpresa de que a Festa Hortera de Porto do Son, ten dende o mes de xaneiro un blogue editado pola Marquesa de Rocapillón.

Pero a miña sorpresa foi moito maior cando ó mergullarme nas súas páxinas, aparece ante min este vídeo do Santo Encontro que se celebra na Praza de España o Venres Santo, que me fixo retroceder no tempo ó traerme vellas lembranzas.

Aí esta a praza ateigada de xente -ese día incluso chovendo-, tal e como a lembro de rapaz cando me levaba miña nai. Esta é a maior lembranza e sentimento que fai aflorar en min. Aí temos o balcón da casa de Carlos Vinagre -hoxe demolida- desde o cal o padre botaba sempre o sermón.

En fin, que dende aquí quero felicitar á Marquesa de Rocapillón pola creación do blogue, pero sobre todo por compartir con todos nós este histórico vídeo.

video


2 comentarios:

  1. moitas gracias por comentar e axudar a promocionar a blogue de Festa Hortera!
    o vídeo foi grabado por Angel Gomez García na Semana Santa, creemos que entre 1074-76,e forma parte dunha serie de peliculas familiares nas que aparecen imáxenes de Porto do Son de eses anos e posteriores.
    un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Aquí estamos botarnos unha man cando faga falla. Se o vídeo é de 1974 ou 1976, incluso puidese ser que estivese polo medio. Nesa época miña nai aínda estaba entre nós.
    Limiteime a amplialo para que se vise mellor. Agora estou no proceso de poder descargalo, non vaia a ser que un día desapareza.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.