martes, 14 de xuño de 2011

A voltas coa parcelaria

Pista da parcelaria en Queiro
Aínda que non somos a parroquia máis prexudica polo tema, en canto á súa posta en marcha, xa que as máquinas entraron nas leiras fai 10 anos, algunha por Lugo, na terra de Fraga, leva medio século inacabada.

Pero non é a parcelaria de Nebra un exemplo a seguir para outras parroquias en canto ao reagrupamento de predios, aínda recoñecendo que ao contrario que Noal, somos moitos máis veciños, o certo é que se puido facer moito máis e mellor. Do único que nos podemos sentir orgullosos e que as pistas teñen un ancho envexable, aínda que agora algunhas delas ao asfaltalas o Concello reduciunos a súa rodadura, pero é que as parcelas tamén podían e deberían ser máis grandes. A modo de exemplo e por personalizar, direi que meu pai tiña na mesma zona unha parcela de 5 ferrados «2.100 m2», que-lle quitaron e de cinco parcelas que-lle quedaron, ningunha alcanza agora esa medida. En definitiva, persoalmente saíu moi prexudicado, notase que non tivemos amigos na Xunta coma outros.

Quen pensase que co troco que houbo de gobernos na Xunta a cousa ía a trocar a mellor, aquí enganouse, porque todo seguiu polo mesmos derroteiros, é máis, no seu día cando viñeron cargos de Medio Rural (BNG) ao local da comunidade, mesmo dixeron que algunhas parcelas quedarían sen acceso e que teríanse que servir pola do veciños «sic». Non sei como quedou todo ao final, no noso caso, todas teñen acceso, aínda que unha deixaránola sen entrada e iso que no seu día estiven con un responsable de Tragsa na zona.
Parcela dun agro á que si se-lle fixo o acceso
En vésperas das eleccións autonómicas, autorizóusenos a que botásemos man delas, esquecéndose que unha terceira parte aínda están sen mogóns «marcos», polo que moitos veciños non saben hasta onde chega a súa propiedade. Para rematar de g... o presidente da comunidade meteuse polo medio e nunha asemblea propoñía de pedilos títulos de propiedade aínda con todo a medias, el non esta afectado porque non ten terreos parcelados, aínda que neste caso os veciños decatáronse da súa xogada, e paráronlle os pes... co monte que faga o que queira, pero a propiedade é sagrada.

Coa parcelaria tamén houbo moita picaresca, como foi que algúns deixaron os agros a toxos, mentres os que-lle tocaba a eles, os seus propietarios foron un pouco más xenerosos. Tamén os houbo quen xa nin consultaron co anterior propietario para chegar a un acordo sobre a madeira que tiña, metéronse neles coma Perico por su casa.
120.000 galegos seguen esperando pola parcelaria
Na actualidade hai 170 procesos de concentración abertos, que suman 157.000 hectáreas de terreo. Afectan a 120.000 propietarios. Na Coruña está a maior superficie

Medio Rural elabora unha nova lexislación para axilizar procesos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.