martes, 7 de setembro de 2010

Xa rematou a incógnita


Foi a primeiros de agosto cando dúas bitácoras: xornalcerto e fonforron, se fixeron eco do desmantelamento da publicidade política, comercial e pintadas que tanto afeaban este muro dende facía anos. A raíz dunhas propostas que facía a primeira, argallamos esta enquisa, coa única intención de facelos participes desta incógnita.

Que se podería facer no muro da Arnela?
Un mural: 20 (86%)
Pintalo: 3 (13%)
Encintalo: 0 (0%)
Deixalo como está: 0 (0%)
Votos: 23

Ao final non acertamos ou acertamos a medias, xa que aínda que se pintou de branco, vamos supoñer que esas mans negras tamén son parte dun mural. De ter algún significado, alguén pode clarificárnolo?.


Todo este traballo, retirada de carteis, limpeza do muro e pintado, coido que foi efectuado polo persoal que ocupou ditas instalacións ou así me pareceu ver cando pasei pola estrada. Haber canto dura a alegría na casa do pobre?.

Para rematalo post, a praia da Arnela xa sen turistas e uns mariñeiros tentando sacalo mellor do noso mar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.