A piques de comezalo outono, a maioría dos concellos da bisbarra teñen a ben ofrecer aos veciños e veciñas diversos actos culturais, na medida das súas posibilidades en tódalas parroquias. Como poden ver aquí, as actividades do outono-inverno de Lousame, xa teñen data.
Coido que me sobran os dedos dunha man para contalos actos culturais celebrados na nosa parroquia dende que se instaurou a Democracia, porque para tódolos gobernos do noso Concello, Nebra foi a eterna esquecida, aínda que supoño que outras tamén sufriron este desaire.
Xunto con Xuño, somos as únicas que aínda non temos Casa de Cultura e esa podería ser unha desculpa, pero é que ademais dunha escola, temos unha fermosa Igrexa que a bo seguro podería acoller algún evento deste tipo. A primeira serviu como local de reunións para diversos actos, asembleas da comunidade de montes e como colexio electoral. Na segunda celebrouse unha asemblea da comunidade de montes; unha reunión por mor do cemiterio promovido pola comunidade, convocada por un cura que se marchou e por ex-directivos, por certo, da que fun expulsado xunto co presidente da comunidade e un concerto da Banda de Gaitas Suevia do Concello.
Ben isto a conto, porque de vez en cando rastrexo por medio de Google, novas relacionadas con Nebra, e así foi como atopei esta denuncia do grupo socialista cando estaba na oposición.
Para os que non coñeza Nebra, dicirlles que entre esa data e agora, gracias aos pinos do monte, a comunidade de montes dispón dun local e por mor doutra actuación do anterior goberno presidido por Manuel Tomé, temos un pavillón deportivo cuberto, iso si, agardando aínda polo alumeado. Quere isto dicir, que agora non hai desculpa para que non se programase nada nun ou noutro local, pero pasou o verán e non se fixo ren, salvo noutras noutras parroquias. A pregunta é obvia, agora a quen lle botamos a culpa?
Supoño que xa se estarán dando, se non se deron, os pasos para organizalas actividades deste outono-inverno, polo que agardo que Nebra non sexa de novo a eterna esquecida. Os veciños e veciñas de aquí, tamén pagamos os nosos impostos ao Concello.

«O grupo municipal dos socialistas de Porto do Son fixo balance dos cen primeiros días do goberno presidido por Manuel Tomé e a conclusión á que chegaron é que o executivo merece un suspenso en xestión, en especial en materia de organización de actividades culturais, xa que sosteñen que estas foron a menos ou desapareceron nalgúns casos.
Parroquias esquecidas
O edil do PSOE di que o concelleiro de Cultura limítase a dar continuidade á programación do mandato anterior e a eliminar determinadas parroquias do circuíto de actividades como as proxeccións de cine. En concreto, afirma que as localidades de Nebra, Baroña e Xuño foron ignoradas na oferta deste mes...».
Para os que non coñeza Nebra, dicirlles que entre esa data e agora, gracias aos pinos do monte, a comunidade de montes dispón dun local e por mor doutra actuación do anterior goberno presidido por Manuel Tomé, temos un pavillón deportivo cuberto, iso si, agardando aínda polo alumeado. Quere isto dicir, que agora non hai desculpa para que non se programase nada nun ou noutro local, pero pasou o verán e non se fixo ren, salvo noutras noutras parroquias. A pregunta é obvia, agora a quen lle botamos a culpa?
Supoño que xa se estarán dando, se non se deron, os pasos para organizalas actividades deste outono-inverno, polo que agardo que Nebra non sexa de novo a eterna esquecida. Os veciños e veciñas de aquí, tamén pagamos os nosos impostos ao Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.