Amosando publicacións coa etiqueta Virgen del Carme. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Virgen del Carme. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de xullo de 2014

Mamá, aló onde estes: Parabéns na túa onomástica


Mamá de infinito amor
que me amosastes o teu valor
con gran sentimento
o día do meu nacemento.

Lembro os teus agarimosos cantos
e da túa voz os vellos contos
cos que me durmías de neno
no teus sedosos brazos.

A miña vida sen a túa presenza
é sentimento na miña existencia
xa non é alegría nin canto
só é tristura e pranto.

Mamá, mirando ao ceo
hoxe e sempre
gritando dígote
Parabéns no teu santo.



A miña nai

Ademais de levarte esas flores, dedícote a canción deste neno que case impídeme dedicarte estas verbas, e ademais estas canción do teu ídolo, a primeira porque me emociona escoitarlla, e a segunda porque encantábante as rancheiras e atopei esta tamén súa.