Amosando publicacións coa etiqueta San Lois. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Lois. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de agosto de 2010

San Lois

RESEÑA HISTÓRICA

No cumio do monte San Lois había unha capela adicada a este santo, que ao quedar destruída, a súa imaxe foi trasladada á parroquia de Boa, onde se venera dende o ano 1783.
Os seus devotos pídenlle a recuperación do oído. A súa romaría celebrase o 24 de agosto.

Dado que nese cumio antigamente tamén houbo un castro, que en aras do progreso pasou a mellor vida coma moitos, seguramente foi un lugar de ritos pagáns que os romanos cristianizaron.

Nunca subín a este monte pero as vistas teñen que ser marabillosas, sobre todo coa posta do Sol. Ollando a situación de moitos castros da zona, intúese que os Celtas ou Castrexos de parvos non tiñan nada, todo o contrario do que acontece agora cos nosos políticos.

No cemiterio desta parroquia tamén repousan os restos do insigne poeta Antón Avilés de Taramancos, ao que tiven o gusto de coñecer persoalmente. Un grande home, sen lugar a dúbidas.

San Lois