Onte venres atopamos na praia de Aguieira os dous primeiros niños de chorlitejo patinegro (píllara das dunas) da tempada en Galicia. Hoxe sábado, axentes da Xunta estanos balizando.
Recórdase que nas praias de cría como Aguieira, Coroso, Valdoviño, Baldaio... os cans deben ir sempre con correa xa que provocan molestias aos adultos e son a principal causa de morte dos polos, que abandonan o niño ás poucas horas de nacer, e vagan por toda a praia buscando alimento e refuxio ata que voan ao cabo de catro semanas.
Os concellos deben absterse de usar maquinaria pesada nas praias. E en xeral, intentar molestar o menos posible aos chorlitejos patinegros e resto de fauna e flora dos areais.
Fonte: https://www.facebook.com/

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.