Impartido por técnicos de hifasdaterra veu de celebrarse o pasado fin de semana unha nova introdución ao mundo micolóxico, na que fomos asesorados sobre a plantación de árbores micorrizados (castaños, carballos e sobreiras).
A segunda xornada consistiu na introdución no mundo dos cogomelos silvestres e como cultivalos na casa, nun invernadoiro ou na horta, elaborando un saco produtor coa especie pleurotus ostreatus.
A terceira e definitiva consistiu nunha saída ao monte para coñecer o seu mundo in situ e poder recoller especies comestibles e aprender a distinguilas das non comestibles que nuns casos poden ser tóxicas e as máis perigosas, as mortais. A destacar o boletus edulis que atopou o edil Antonio Romero (Rai) de 1 quilogramo.
E rematamos coa parte máis proveitosa co obradoiro de cociña onde degustamos as pezas recollidas e outras cultivadas por Hifas da Terra.
A segunda xornada consistiu na introdución no mundo dos cogomelos silvestres e como cultivalos na casa, nun invernadoiro ou na horta, elaborando un saco produtor coa especie pleurotus ostreatus.
Sacos de pleurotus ostreatus que trouxen para a casa, agora toca agardar que todo vaia ben para que produzan |
E rematamos coa parte máis proveitosa co obradoiro de cociña onde degustamos as pezas recollidas e outras cultivadas por Hifas da Terra.
A falta de practica con este móbil, quedoume o vídeo sen son.
A miña asignatura pendente, teño que apuntarme a unhas xornadas micóloxicas e as degustacións.
ResponderEliminar