Un ano máis e van aló dezaseis, familiares, veciños e amigos de Ramón Sampedro, con Pepe Vila á cabeza, volvéronlle a render unha nova e sentida homenaxe na praia de As Furnas, na mesma zona onde tivo o fatal accidente que o deixou tetrapléxico.
O acto que ben sendo organizado por Amigos de Ramón Sampedro, Dereito a Morrer Dignamente cuxos socios achegáronse desde varias autonomías, contou coa colaboración co Concello de Porto do Son e a Asociación de Veciños Sartaxas de Xuño.
Xa emprazados onde se colocou a placa na súa memoria, comezou a lectura de varios dos poemas que nos legou por parte de familiares, amigos incondicionais e socios de (DMD), rematando a homenaxe coa tirada de caraveis vermellos ao fondo da cala, mentres un grupo folk interpretaba o himno galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.