sábado, 17 de maio de 2014

Xosé María Díaz Castro: Letras Galegas 2014

Xosé María Díaz Castro - 50 aniversario do día das letras
Wikipedia: Xosé María Díaz Castro



Nimbos

Penélope
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva;
pro tí envólveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.