sábado, 15 de febreiro de 2014

Cantas máis leis, máis se incumpren


Os soportais non son exclusivos de Galicia. Teño paseado baixo eles, xeralmente por mor da choiva por Asturias, Madrid ou Mallorca, e alén das nosas fronteiras, por Holanda e Noruega. Na rúa do Curro de Noia, a raíz da reforma á que foron sometidos, as persoas con mobilidade reducida practicamente vense imposibilitadas para poder pasear baixo a súa protección ao dotalos de chanzos, o que imposibilita nalgúns casos o paso, sobre todo, de cadeiras de rodas.

É certo que nalgunha zona xa os había de forma corrida, porén isto, ademais de ser moito máis perigosas, non pode ser unha desculpa cando se acomete unha obra nova como é o caso.

La Voz de Galicia: Caídas no renovado Curro desatan as queixas en Noia

Uns chanzos construídos baixo os soportais provocaron máis dun tropezón, o que xa levou ao Concello a tomar medidas

Aínda non está acabada, pero a obra para transformar O Curro de Noia nunha praza peonil desatou xa varias queixas por parte dos veciños. Na primeira fase dos traballos executáronse uns chanzos que están a resultar problemáticos porque máis dun viandante foi a parar cos seus ósos ao chan ao tropezarse neles. Ao parecer, non se trata dun feito illado e o Concello xa tomou cartas no asunto.

As escaleiras en cuestión atópanse baixo os soportais do Curro, concretamente entre os portais 23 e 25 desa céntrica rúa noiesa. O desnivel que salvan os banzos non é demasiado pronunciado, pero estes teñen distintas alturas e, se un non se fixa ben onde pisa, é fácil que dea un paso en falso e acabe caéndose. Unha muller á que lle ocorreu acabou no chan e co corpo cheo de negróns, polo que non faltan voces que piden que se faga algo para evitar que estas escenas se repitan.

Isto xa chegou a oídos do goberno local. Concretamente, desde a concellaría de Patrimonio, dirixida polo nacionalista Bieito González, remitiuse un escrito ao arquitecto responsable do proxecto mostrando a preocupación que existe por este asunto: «A solución estética que se lle deu a esa zona parécenos marabillosa, pero temos que velar pola seguridade e parécenos que esas escaleiras entrañan un risco potencial de caída», explicou o tenente de alcalde.

A solución ao problema podería estar en sinalizar dalgún modo os banzos, pero aínda non se tomou unha decisión respecto diso: «O chanzo en si mesmo non ten problema, pero se non te fixas moito é fácil non velo».
Fai un días no seu Facebook, Stylo Peluqueria Estetica, publicou esta foto, acompañada deste comentario: Este foi o golpe da miña clienta da caída que tubo na calle do curro nas escaleiras de xunto Marinieves, estas son peligrosísimas.

Lamentablemente hai xente para todo, que parece estar no mundo por estar e con tamañas faltas de ortografía, ousou escribir estas barrazadas no perfil do alcalde que aínda pódense ollar.

Jose Ventura Calvo: falaba unha tal begoña por a señora que cae no curro nas escaleiras novas que estan xunto mariniebes que denunciara o que abia que de nunciar era a señora por caer muas escaleiras ben feitas e si a señora non esta capacitada para subir escaleiras como parece que non esta debe ir por donde non ay escaleiras que chega igual eu non me parara a mirar esas escaleiras pero o jueves pasei por ali e acordoume e fun mirar e as escaleras estan moi ben terminadas comprendo que e unha obra cara e en estes tempos non se debia facer porque no pueblo ay moitas aceras para levantar e non se lle toca e corria mas prisa que a obra do curro queda ben pero e unha obra moicara e noia e mais co curro.

Jose Ventura Calvo Carnota: ue non quero cos meus comentarios o fender a esa señora pero a foto das mazaduras bese que e de unha persona pesada e non se levantan as pernas como un quere e para min as escaleiras estan moi ven «Sic». En fin, non ofende o que non quere.


DOG: LEI 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

Non fai tanto tempo reformouse a rúa de Galicia, e os pasos de peóns coido que incumpren tamén a normativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.