sábado, 11 de xaneiro de 2014

A Fazaña da liberdade: Alexandre Bóveda

No día de onte, o Concello de Rianxo organizou coa presentación deste Filme biográfico sobre Alexandre Bóveda, os Actos Castelao nos que programa unha serie de actividades para conmemorar o nacemento do rianxeiro máis universal.

Antes de comezar a proxección, o señor alcalde de Rianxo Adolfo Muinhos deunos a benvida aos espectadores asistentes, e o Director, Seném Outeiro, explicounos o que tentou plasmar ao facela.

Persoalmente pareceume unha grande obra e como lle dixen ao remate ao alcalde, aínda que lin moito sobre a vida de Bóveda, a viaxe valeu a pena: cando saiban que se proxecte preto de onde vivan, recoméndolles acudir a ollala... non saíran defraudados/as.

Para min a parte negativa foi a escasa presenza de espectadores, coido que non eramos nin 20. Digamos que me levei unha decepción, igual que me aconteceu cando aló a mediados dos 80, acudía aos actos que o BNG rianxeiro organizaba fronte ao busto de Castelao. Seria que daquela como non acudían os pesos pesados da Organización como agora, non pasabamos dunha ducia e da nosa Asemblea Local non acudía ninguén, todo o contrario como puiden ollar hoxe.

Quen foi Alexandre Bóveda?

Trailer: "A Fazaña da Liberdade" Director: Seném Outeiro. Produtor Executivo: Roi Carballido. FILMIKA GALAIKA (2013)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.