venres, 7 de xuño de 2013

Repelente natural para pragas da horta.


O macerado das follas de ortiga (Urtica urens) é un dos preparados ecolóxicos máis fáciles de elaborar e de mellor poder repelente de insectos como pulgóns, mosca branca, ácaros, etc. Ademais, tamén utilizase como abono foliar (de aplicación en follas) polo seu contido de nitróxeno e micronutrientes minerais.

Materiais
Un quilo de follas de ortiga fresca
10 litros de auga
Recipiente de plástico con tapa
Tesoiras
Luvas

Preparación
Ao conseguir as plantas procédese a extraer as follas con coidado, debido a que posúen pelos moi finos que causan irritacións ao ser tocados, de aí que devase utilizar luvas.

Despois de ter as follas listas colócanse dentro dun caldeiro de plástico e botáselle a auga de modo que as cubra totalmente. Despois tápase e colócase nun lugar fresco.

Déixase repousar unha semana. Ao finalizar este período precédese a retirala tapa e colalo, xa que estará listo para ser aplicado sobres as plantas.

Aplicación

Para un mellor control dos insectos débese aplicar na parte superior e inferior das follas, debido a que estes insectos desenvólvense no inferior das follas. Débese aplicar de preferencia unha vez por semana para evitar que sexa atacado polas pragas ou cada día cando a praga xa está presente.

De non utilizarse todo pódese almacenar no refrixerador, na parte baixa, desta forma pode durar 2 meses sen perder o seu poder repelente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.