venres, 1 de marzo de 2013

¡¡¡Dany Cachado!!!


Os topónimos en ocasións teñen a súa orixe en apelidos, nomes propios de persoas, mais habitualmente  está nalgún aspecto físico ou material da aldea que a designa. A pedra do Lobo, poida ser que teña moito que ver con este mítico animal, por moito que alguén afirme taxativamente que no Barbanza xamais houbo lobos até que os soltou a Xunta de Galicia. Máis como manifestei noutras entradas, opino todo o contrario, grazas á Xunta e aos furtivos, xa case dubido que quede algún. E que ten que ver unha voda coa Historia de lobos? Pois que neste fermoso recuncho, a postal é unha boa proba, vive Dany, o noso juergista, máis buscado e estes días, que mañá sábado ten que pasar inexorablemente ao libro dos vellos a pesares da súa resistencia a que lle cortasen a súa liberdade.

Ademais dese pequeno defecto ten outros máis grandes: é un gran traballador, un magnifico compañeiro e unha excelente persoa, do que podo dar fe.



Resistir tamén se resistiu este eucalipto, que coma un garda de seguridade controlaba a entrada da aldea, mais ao final tamén caeu de maduro.


Dany e Cristina, como se di ante tan feliz acontecemento: moitos parabéns e que sexades moi felices

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.